Categorías: Actualidade

O PP veta a nosa proposta para frear a violencia económica contra as mulleres

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, María Pïerres, cualificou hoxe de “incomprensible” o veto do PP a unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que tome medidas para frear a “violencia económica” contra as mulleres. Pierres reclamáballe á Xunta que cambie as figuras impositivas da súa competencia e protexa así a capacidade económica das vítimas de violencia de xénero.

Pierres alertou fronte a unha violencia “silenciada” que queda relegada á “invisibilización” por parte da Administración ano tras ano e esixe de “novas respostas” para permitir que as vítimas de afasten do ciclo da violencia e refagan a súa vida. Non cumprir cos pagos estipulados polo xulgado, ou non facer fronte ao pago da hipoteca son só algúns exemplos destes “modos de perpetuar o control, de obrigar á muller a non romper nunca o vencello co maltratador”.

Trátase de maltratadores que atopan así “o modo de continuar humillando” con mecanismos mesmo sibilinos “que nin sequera rozan o ilícito penal” como son “eses pequenos retrasos no pago da pensión ou dos pagos das obrigas compartidas ás que a vítima está atada”. Sinala que se ben a administración non pode resolver enteiramente as consecuencias, si que pode “minorar e apoiar a protección patrimonial e económica destas mulleres, así como dos seus fillos e fillas”.

Modificacións no IRPF

Apunta así a posibles modificacións no IRPF “para que unha vítima non teña que asumir a débeda do maltratador no caso de tributación conxunta” e acadando así que “a parte da débeda, correspondente á cota autonómica, quede exenta”, ou tamén activando deducións por aluguer ou adquisición de vivenda.

María Pierres reclamou poñer o foco sobre un tipo de violencia que “segue sen ter estatísticas suficientes que permitan un estudo específico da súa incidencia, da súa convivencia con outro tipo de violencias, en definitiva datos que permitan unha valoración máis ampla”. Advertiu de que “corremos o perigo de crer que esta é unha cuestión que se reduce a un problema de insolvencia e incapacidade económica das vítimas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04