Categorías: Actualidade

O PP rexeita unha proposta socialista para implantar un plan estratéxico de subvencións aos concellos rurais “igualitario e transparente”

O deputado socialista José Manuel Pérez Seco lamentou o veto do PP a unha Proposición non de Lei na que se lle pedía a Consellería de Medio Rural a “creación dun Plan Estratéxico de Subvencións que amose o compromiso coa transparencia e a igualdade de oportunidades para todos os galegos e todas as galegas”. Así o dixo no debate desta iniciativa, hoxe na Comisión de Agricultura do Parlamento.

O deputado socialista reclamou o apoio unánime a unha proposta, explicou, dirixida a “gobernar con transparencia, gobernar con xustiza e gobernar con igualdade de oportunidades”, e pedíndolle a Consellería de Medio Rural que “cumpra efectivamente coa Lei de Transparencia e Bo Goberno da Xunta de Galicia, da que tanto alarde fai”.

O representante socialista presentou unha proposta na que se lle pedía a Consellería de Medio Rural que “elaborara e publicara, no prazo de tres meses, o Plan estratéxico de subvencións da súa consellería, tal e como establece a Lei 9/2007 do 13 de xuño”.

A iniciativa incluía a publicación na web da Consellería, e no prazo dun mes, “a totalidade dos convenios asinados no 2017 cos concellos, indicando o obxecto, o prazo de execución a contía e as razóns de excepcionalidade”, segundo o previsto no artigo 15 da Lei de Subvencións de Galicia. Ademais, reclamara a publicación, a comezos de 2019, da mesma relación de axudas aos concellos pero aplicada ao ano 2018.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18