Categorías: Actualidade

O PP rexeita adoptar medidas para protexer a Devesa de Anllares, “unha xoia medioambiental”

Pablo Arangüena acusa á Xunta de “ecobranqueo” e “postureo medio ambiental”: “Fan propaganda na prensa sobre as guías da paisaxe e empregan lemas como Galicia é verde, pero as zonas protexidas están só protexidas no papel, nunca na práctica, e neste caso, nin eso”

O socialista propón a inclusión da Devesa de Anllares na Rede Natura 2000

O responsable de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, vén de instar á Xunta, a través dunha proposición non de Lei presentada hoxe na Comisión do Parlamento e rexeitada polo PP, a adoptar con carácter inmediato “medidas eficaces” que impidan a degradación acelerada da Devesa de Anllares, incluíndo, se fose o caso, a súa inclusión na Rede Natura 2000.

“Sen orzamentos, sen normativa, sen Plan Rector de Usos e Xestión (PRUX), sen plans de protección, sen nada”, aseverou o socialista para criticar a “inacción” da Xunta no eido medioambiental. Así, acusou ao goberno galego de “ecobranqueo, o que os anglosaxóns chaman greenwashing” ou “postureo medioambiental”, é dicir, “facer que se fai sen facer nunca nada”.

Así, subliñou que “fan propaganda na prensa sobre as guías da paisaxe e empregan lemas como Galicia é verde, pero as zonas protexidas están só protexidas no papel, nunca na práctica”, e no caso da Devesa de Anllares, “nin tan sequera goza de protección”, a pesar “de ser unha xoia medioambiental”

Nesta liña, lamentou a “ausencia dunha política pública de ordenación forestal digna de tal nome”, xa que as políticas actuais só “favorecen a ENCE, principal demandante final de eucalipto” e “desfavorecen aos produtores, rebaixando os prezos”. Así, destacou que a “expansión incontrolada” do eucalipto en Galicia, ademais dun “problema medioambiental”, é “tamén un problema para as posibilidades económicas do medio rural” porque “reduce a biodiversidade e pode estar asociada a un maior risco de incendios”.

O responsable socialista lembrou que “o bosque autóctono está desaparecendo” e “é obriga da Xunta evitalo”. Neste senso, subliñou que a Xunta “non pode deixar que Galicia se converta nun eucaliptal sen solución de continuidade” porque iso “é un ecocidio”, “un atentado contra a nosa cultura, a nosa ecoloxía e a nosa alma”.

“UN DOS ESCASOS BOSQUES AUTÓCTONOS QUE RESISTEN EN GALICIA”

No caso da Devesa de Anllares, Arangüena sinalou que “é inaudito é inadmisible” que o goberno galego “deixe que se perda un dos escasos bosques autóctonos que resisten en Galicia”. Por iso, instou á Xunta a que “evite a súa destrución” e “cumpra as súas obrigas”, xa que “do Bosque Animado que retratou maxistralmente Wenceslao Fernández Flores non queda practicamente nada”.

O socialista incidiu en que “as novas plantacións de eucaliptos que se están a producir nos últimos anos están facendo que este espazo de gran valor ecolóxico e singularidade, que se caracterizaba pola súa continuidade e extensión, estea degradándose aceleradamente ao mesmo tempo que se transforma en espazos illados de fragas separadas entre si, especialmente na zona de Mazaricos”.

Nesta liña, criticou a “pasividade da Xunta” que “permitiu tres novas explotacións hidroeléctricas nun río como o Xallas xa gravemente sobreexplotado”, o que supón “un auténtico despropósito medioambiental”. Así, alertou de que a Xunta non protexe a Devesa de Anllares e “incumpre o Convenio sobre a Biodiversidade Biolóxica de Río de 1992”.

“INCOHERENCIA” E “DESPREZO AOS ACORDOS DO PARLAMENTO”

Por último, o responsable socialista criticou a “incoherencia” da Xunta e o seu “desprezo aos acordos da Cámara parlamentaria”, tras amosar o seu desleixo ao acordo de todas as forzas políticas do Parlamento por unanimidade que lle insta a declarar a emerxencia climática, tal e como fixo o Goberno de España coa aprobación da Declaración da Emerxencia Climática e Ambiental de España.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08