Categorías: Actualidade

O PP rexeita a creación dun plan de actuación contra a pobreza dos galegos e galegas

O Grupo Socialista solicita actuar “inmediatamente” para determinar orzamento, prazos e “medidas concretas e medibles” que “permitan reverter a preocupante situación de pobreza ou exclusión social que tiñamos antes da pandemia”

Begoña Rodríguez denuncia que “o emprego, lonxe de ser unha prioridade deste goberno, foi un dano colateral das súas políticas”

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2020. A portavoz de Orzamentos do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, lamentou o veto do PP a unha proposta socialista para crear un plan de actuación contra a pobreza e a exclusión dos galegos e galegas. Rodríguez Rumbo presentou unha Proposición Non de Lei na Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento para esixir actuar “inmediatamente” e determinar orzamento, prazos e “medidas concretas e medibles” que “permitan reverter a preocupante situación de pobreza ou exclusión social que tiñamos antes da pandemia”.

Rodríguez Rumbo lamentou que o goberno galego “co seu rodillo de maioría absoluta e negando os datos achegados por expertos” deixe de adoitar medidas “reais e eficaces” para loitar contra a pobreza e a exclusión social. Así, os indicadores de pobreza na nosa comunidade “amosan un dos grandes fracasos das políticas de Feijóo durante 11 anos de goberno interrompido”, aseverou.

Neste contexto, a responsable socialista laiouse de que o propio Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020, “aprobado neste Parlamento polo PP”, establecía como obxectivo “reducir a poboación en risco de pobreza ou exclusión en 100.000 persoas”, o cal “non se ten cumprido”.

A responsable socialista puxo de manifesto a taxa de risco da pobreza que “acadou, en 2019, o 20 % da poboación galega”, o que supón “máis de 540.000 galegas e galegos”. Ademais, destacou que “máis de 212.000 persoas en Galicia viven en pobreza severa” segundo os datos do ano pasado, o que supón que o 7,9 % da poboación galega vive en fogares dunha persoa con ingresos mensuais inferiores a 500 euros ao mes ou en fogares de catro membros con ingresos mensuais inferiores a 1.053 euros ao mes.

Ditas taxas de pobreza en Galicia, lamentou Rodríguez Rumbo, provocan que haxa persoas “que non poden permitirse unha comida de carne, polo ou peixe cada dous días” ou mesmo tampouco “pagar regularmente os gastos da súa vivenda”. E, neste senso, a pandemia “agravou a situación das persoas máis vulnerables”.

DESEMPREGO E POBREZA

Rodríguez Rumbo puxo de manifesto o emprego como “base para saír da situación de pobreza, ter unha vida digna e desenvolver con normalidade un proxecto vital”, xa que “sen traballo, o risco de pobreza ou exclusión social multiplícase de xeito alarmante”. Así, denunciou que “o emprego, lonxe de ser unha prioridade deste goberno galego, foi un dano colateral das súas políticas” e determinou que esta área “é outro gran fracaso dos gobernos de Feijóo en 11 anos na Xunta de Galicia e con 3 maiorías absolutas”

A responsable socialista lamentou que “coas políticas de emprego do PP no estado naceu por primeira vez a ‘clase traballadora pobre’ co resultado de precariedade, inestabilidade, perda de dereitos e incremento alarmante da fenda xeneracional”. Neste senso, aludiu ao informe sobre pobreza publicado por Oxfam-Intermon o 14 de outubro deste ano que ditamina que “millóns e persoas teñen sido máis vulnerables aos impactos da covid debido a décadas de políticas económicas de austeridade, que as teñen sumido na pobreza”.

Rodríguez Rumbo esixiu un cambio nas políticas de emprego da Xunta e instou ao goberno galego a ter en conta nos orzamentos a situación “que están a vivir miles de galegas e galegos en situación de vulnerabilidade”. A socialista urxiu a “plasmar as intencionalidades nos orzamentos”, xa que limitarse a “manifestar intencionalidades non muda a vida das persoas”, destacou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08