Categorías: Actualidade

O PP paraliza o nomeamentos dos senadores autonómicos en función dos seus intereses políticos

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, acusou hoxe ao presidente da Xunta de supeditar o nomeamento dos senadores autonómicos “ao servizo dos intereses políticos do PP”. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces que fixou a orde do día do Pleno da próxima semana, na que estaba previsto comezar co proceso para nomear os 3 senadores autonómicos, pero que foi adiado sine die polo Grupo Popular.

O responsable socialista esixiulle ao presidente da Xunta “máis altura e poñer Galicia por diante de verdade”, en lugar de continuar, dixo, “atrapallando ás institucións e os nomeamentos” en función do seu tacticismo político. É o caso dos senadores autonómicos, adiados de forma “inxustificada, que ten que ver coa dificultade do PP de poñer sobre a mesa as súas propostas e dos “xogos a futuro” do presidente da Xunta de Galicia.

Apuntou que “non existe outra explicación” para o interese do PP de paralizar o proceso que agardar á resolución dos pactos na Comunidade Autónoma e o Concello de Madrid, con Feijóo “reservándose o cartucho e agardando a ver que pasa” na capital. Sinalou que o presidente da Xunta “segue xogando á política española”, como evidencia o seu “visto bo” de hoxe aos pactos con Vox, deixando ver a súa “intención de xogar nun campo máis amplo”.

A pregunta a Feijóo por parte do portavoz socialista centrarase precisamente no impulso da actividade institucional do goberno galego, logo de deixar aos senadores por nomear ou á Valedora do Pobo nunha sorte de “interninidade ficticia”. A estes dous casos súmase agora, sinalou, a presidencia do CES, que quedará vacante logo da renuncia anunciada da súa actual titular, que pasará a presidir a xestora do seu partido en Vigo.

Ferroatlántica

Fernández Leiceaga anunciou que o próximo Pleno incluirá unha pregunta oral para pedirlle á Xunta que lle solicite á nova propietaria de Ferroatlántica o plan de viabilidade que garanta a súa actividade de ferroaliaxes, tal e como fixaba xa a sentenza do TSXG do 9 de maio de 1996. O portavoz socialista sinalou a “preocupación” que traslada a venta, nomeadamente pola “debilidade da parte da empresa que é vendida”.

O Pleno da próxima semana incluirá tamén unha proposición de Lei para garantir a transparencia, información e os dereitos dos usuarios de hipotecas por parte da Xunta de Galicia, que se mantivo “pouco activa” á hora de exercer as súas competencias en materia de consumo.

Os socialistas defenderán ademais unha proposición non de Lei para reclamarlle ao goberno galego “que faga bastante máis” para dinamizar a implantación da Rede Galega de FP Dual en Galicia. Tamén presentarán unha proposta para reclamarlle ao goberno galego que “cambie as políticas equivocadas” en materia de sanidade para mellorar as condicións dos traballadores e traballadoras e incremente o persoal fixo.

O portavoz socialista anunciou tamén unha interpelación para reclamarlle á Xunta que poña os seus recursos a disposición das persoas en situación de soidade non desexada. Explicou que actualmente hai 270.000 galegos e galegas vivindo sós, 125.000 dos cales son maiores de 65 anos.

Tamén incluirán unha pregunta para reclamarlle ao goberno galego que garanta a intendencia dos xurados populares, logo da situación do xurado que se encargou do “crime da rozadoira”, en Pontevedra, que quedou “gravemente desatendido”. Finalmente, preguntarán pola demora na designación do presidente do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, e que leva “demasiados meses en situación de interinidade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18