Categorías: Actualidade

O PP oponse no Parlamento a destinarlles 24 millóns de euros de axudas directas aos produtores de carne

O portavoz de Medio Rural do Grupo socialista, Martín Seco, lamentou hoxe o voto en contra do PP a unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista na que lle pedía á Xunta que duplicara as axudas directas das partidas procedentes do PDR para os produtores de carne de vacún. Os socialistas pedían chegar ao máximo permitido pola Comisión Europea, de 24 millóns de euros.

Estas axudas especiais para os sectores máis afectados pola crise do coronavirus suporía que unha granxa de 59 vacas cobrarías 7.000 euros de axudas, nunha medida autorizada por Europa e viable cunha acaída reprogramación dos fondos. Lamentou que o goberno galego se negara a aplicar esta proposta que afectaría ao 2 por cento do PDR galego, ao tempo de que “non aportan nada de fondos propios”.

Martín Seco explicou que o goberno galego ten anunciado a chegada de 12 millóns de euros de axudas procedentes do PDR, a metade do que solicitan os socialistas galegos, ademais doutros 12 millóns de euros para préstamos para darlle liquidez e posibles investimentos a industrias agroalimentarias, como as adegas. Puntualizou que “non entendemos por que se comprometen fondos de PDR para unha finalidade que viña sendo financiada polo Igape”.

Ademais, reclamoulle á Xunta “mecanismos para garantir os fondos recibidos por axudas agroambientais nos dous anos nos que non estará en vigor a PAC”. En definitiva, os socialistas galegos puxeron sobre a mesa unha batería de propostas para defender a un sector que está a pasalo mal polas consecuencias da crise do coronavirus, e que require unha liña de axudas urxentes que lles está a negar o goberno galego.

Explicou que a caída do consumo e a “depreciación brutal” nos prezos en orixe ten posto en risco preto de 20.000 empregos que dependen do sector da carne, “entre produtores, matadoiros, salas de despece ou veterinarios”, que integran unha rede sustentada polas máis de 10.500 explotacións profesionais que hai en Galicia. Os socialistas reclamaron a posta en marcha dun Observatorio de Prezos que estabilice os mercados e que a Xunta garanta o cumprimento dos contratos e os prezos acordados.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08