Categorías: Actualidade

O PP négase a incrementar o número de logopedas na sanidade pública

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, criticou hoxe o veto do PP a incrementar o número de logopedas na sanidade pública para duplicar os 17 profesionais que ten contratados hoxe o goberno galego, 14 no Sergas e 3 máis en Política Social. O responsable socialista acusou ao PP e ao goberno galego de “deixar de lado esta especialidade” e as súas aportacións á sanidade pública.

Torrado advertiu que os criterios profesionais falan da necesidade de contar cun logopeda por cada 60.000 habitantes, mentres Galicia atópase 3 veces por debaixo desta ratio, con un logopeda para cada 193.000 habitantes. Ademais, explicou, o seu reparto demostra un “evidente desequilibro e inequidade absoluta”, xa que hai 16 traballando entre A Coruña e Pontevedra, un só en Lugo e ningún na provincia de Ourense.

Acusou ao goberno galego de “apostar por estancar esta especialidade” e acusou ao PP de facer un discurso de apoio a estes profesionais “para despois defender a xestión do goberno galego” e vetar unha ampliación do persoal “totalmente viable”, que suporía contratar 17 logopedas máis nos 3 próximos anos. Criticou que lles dediquen “moito cariño, pero de contratar nada”, facendo caso omiso das reclamacións do Colexio Oficial de Logopedas.

Sinalou que o reforzo destes profesionais na sanidade pública permitiría unha atención “máis completa, ampla e relevante do que hoxe é”, ademais de contribuír a unha maior eficiencia da atención hospitalaria incluso tamén dende a súa incorporación á Atención Primaria.

Defendeu que a súa presenza na sanidade pública contribúe a “desafogar” o traballo doutros profesionais con persoal “específico” para atender ao 2,5 por cento da poboación galega que padece trastornos da comunicación, aos que se suman os problemas relacionados coa inxesta ou derivados.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18