Categorías: Actualidade

O PP impide o acordo para reforzar o persoal nos servizos sanitarios de A Guarda

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, lamentou hoxe a actitude do conselleiro de Sanidade “como un boxeador noqueado, protexido na esquina” e que en lugar de recoñecer o erro e tirar a toalla “prefire a soberbia a atopar solucións”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei en Comisión para reivindicar un segundo equipo de facultativos para o PAC de A Guarda, que foi vetada polo PP.

Torrado criticou así a actuación do goberno galego facendo caso omiso dos profesionais que urxen o reforzo dos recursos humanos na sanidade pública presentando informes que son “bofetadas á Consellería”. Alertou das consecuencias nefastas para a cidadanía da xestión dun “goberno á deriva cando é necesario que finiquite a situación e permita afrontar un novo modelo de Atención Primaria con máis recursos”.

Reclamou así o reforzo do persoal no PAC de A Guarda, que ofrece servizo a outros concellos da localidade, e que actualmente dispoñen de 8 médicos en dúas quendas, dos que “en moitas ocasións tan só están a metade dispoñibles pola negativa do goberno galego a contratar substitucións”. Tamén reclamou a “correcta e plena asistencia sanitaria no Centro de Saúde” da localidade.

Os socialistas galegos urxen ademais ao conselleiro de Sanidade a que abra a porta do seu despacho aos responsables locais, que xa lle pediron ata 4 encontros no que vai de Lexislatura –dúas solicitadas polo alcalde de A Guarda e outras dúas polo conxunto de alcaldes do Baixo Miño-, sen que se ata o momento se dignara a atendelos en ningunha ocasión.

Explicou que o Concello de A Guarda constitúe un “claro exemplo das consecuencias dunha xestión sanitaria á deriva, onde a precariedade e déficit de recursos humanos evidéncianse prexudicando a atención e a calidade asistencial aos veciños e veciñas”. A falla de cobertura de baixas ou vacacións satura aos profesionais, que chegan a atender a máis de 50 citas nun só día.

Esta saturación deriva na chegada masiva aos servizos do PAC e mesmo a urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, que está “a unha hora de distancia pola ausencia de infraestruturas de comunicación que o Goberno da Xunta de Galicia non executa”. Sinalou así ao proxecto de Vía de Alta Prioridade, que vén sendo incluída nos Orzamentos do goberno galego cada ano desta Lexislatura pero no que “aínda non investiron un só euro”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08