Categorías: Actualidade

O PP fai “campaña política de maneira indigna” co sinistro do Marisquiño

O deputado socialista Abel Losada acusou hoxe ao PP e ao goberno galego de “facer campaña política de maneira indigna cun grave accidente”. Así o dixo logo de que o vicepresidente da Xunta utilizara a súa comparecencia no Parlamento para atacar ao alcalde de Vigo e de que o PP propiciara a constitución dunha Comisión de Investigación sobre o sinistro.

O responsable socialista criticou a “posta en escena” do PP, que se opuxo a convocar un Pleno extraordinario na última Deputación Permanente do Parlamento e hoxe se abstivo no debate para constituír unha Comisión de Investigación cando o propio Feijóo “dixo que o responsable último era o alcalde de Vigo”.

Losada reclamoulle “prudencia” ao presidente da Xunta, que dixo sentirse “abochornado” pola intervención do alcalde da cidade, o mesmo que ten fotografías compartindo o seu lecer co narco Marcial Dorado, que “o van acompañar durante toda a súa vida política”. O mesmo presidente, dixo, que evitou responderlle ao alcalde ás 3 da mañá do día do sinistro porque, segundo respondeu o seu gabinete, “tiña falado con outras autoridades”.

O parlamentario socialista sinalou que o asunto está sendo investigado no ámbito xudicial, e sinalou que o problema derivou do afundimento dun peirao construído a comezos dos 80 e que era titularidade do Porto de Vigo. Criticou a “manipulación” por parte do goberno galego, pola que a información da TVG corroborando esta situación “chegou a desaparecer das páxinas oficiais”.

Losada explicou que o Concello “validou o plan de protección” proporcionado pola empresa organizadora e autorizou os permisos solicitados, que foron as baixadas en BTT dende o Castro e o concerto. Lembrou que o que colapsou foi a estrutura de formigón que forma parte dun peirao concesionado nos anos 80 ao Clube Náutico e que foi recepcionado polo Porto de Vigo en 2011.

O mesmo Porto de Vigo, dixo, que “mudou a súa versión” pasando de falar dun “fallo estrutural” en primeiro lugar, para a continuación responsabilizar ao Concello por unha suposta falla de mantemento, e finalmente sinalar á responsabilidade dos organizadores do evento.

Utilización electoralista

O parlamentario vigués criticou a “utilización absolutamente electoralista” da solicitude dunha Comisión de Investigación polo accidente do Marisquiño, en Vigo. Así o dixo no debate da solicitude de creación deste órgano presentada por BNG e En Marea e que foi aprobada co voto en contra dos socialistas galegos.

Losada lembrou que os mesmos grupos que solicitan este órgano teñen un 11 por cento dos votos e 3 concelleiros no Pleno de Vigo, no caso de En Marea, e un 4 por cento e ningún concelleiro, no caso do BNG. Cualificou así de “cerimonia da confusión” esta petición cando non a repetiron no caso do accidente de Paramos, en Tui, os incendios do ano pasado ou o accidente de tren de Porriño, todos eles con vítimas mortais.

Criticou as “adxectivacións esaxeradas” da solicitude por un accidente que derivou en 8 persoas hospitalizadas, das que a última recibiu a alta en 7 días. O responsable socialista apelou ademais á autonomía local que os dous grupos defenden cando se trata de Ferrol, Santiago, A Coruña ou Pontevedra, para dicir que “non se pode face oposición aos concellos dende o Parlamento de Galicia”.

Respondeu tamén ás críticas do PP, que cualificou de “político galego charlatán” ao alcalde de Vigo que “estivo dende as 12 ata as 4 da mañá, durante catro horas e media, no lugar do sinistro. Sinalou así ao presidente da Xunta, quen comparou o afundimento dun peirao de formigón armado “coma se afundira unha rúa, falando de espazo público cunha ubicación metafísica do espazo”.

Criticou que o PP falara tamén dunha suposta “fabricación de informes exprés” e esixiu “respecto aos funcionarios do Concello de Vigo”, e apuntou que “non sei se o PP está afeito a fabricar exprés outras cousas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18