Categorías: Actualidade

O PP aplaude o peche da aula de primaria da escola de Verducido tras rexeitar unha iniciativa socialista para mantela aberta

Paloma Castro critica o “desmantelamento de servizos no rural que vén facendo a Xunta dende hai anos”

O PP vén de vetar a iniciativa socialista para evitar o peche da aula de primaria da Escola Infantil de Verducido. Fíxoo, hoxe, na Comisión de Educación do Parlamento logo de votar en contra dunha proposición non de lei do PSdeG para manter aberta a aula e buscar alternativas que non prexudiquen a calidade de atención do ensino público no rural.

“Hai uns días falabamos do peche da escola de Baamonde, en Lugo, e de seguir así, non necesito ser pitonisa para augurar que, antes de que acabe este mandato, estaremos a falar do peche da Escola Infantil de Verducido”, sinalou a responsable socialista.

Castro criticou que a Consellería de Educación pechou no curso pasado unha das aulas de Infantil e, neste curso, suprimiu a unidade de Primaria, o que derivou na denuncia dos pais e nais. Tras isto, lembrou, os pais e nais das familias recorreron a decisión ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que, en novembro, resolveu o seu favor.

Malia o pronunciamento xudicial, “a Xunta deu un paso máis e comunicou o pasado mes de febreiro que esta aula xa non abrirá para o curso 2021-2022, instando ás familias a que matriculen aos seus fillos e fillas no centro máis próximo”, co que ratificaban que o próximo curso manterán a aula pechada.

“Esta decisión é moi prexudicial para a parroquia e a Xunta debe reconsiderala e manter aberta a aula como vén facendo dende hai 60 anos”, aseverou a socialista, quen lembrou que esta escola ten un proxecto educativo “pioneiro no noso país”, “diverso” e “innovador” que  fixo que a escola puidese mesmo levar a coordinación de proxectos internacionais.

A “POLÍTICA DE DESPOBOAMENTO DO RURAL” DA XUNTA DE FEIJÓO

“Á Xunta éncheselle a boca falando dunha nova lei de impulso demográfico baleira de contido e Feijóo volve falar agora da lexislatura do rural e presume dun incremento orzamentario destinado a repoboar o rural; pero a realidade é que, en Galicia, miremos na dirección que miremos, atoparémonos coas queixas veciñais polos peches de escolas ou de servizos sanitarios no rural”, sentenciou a vicevoceira socialista.

Así, preguntouse “se a intención da Xunta é o repoboamento do rural ou o despoboamento do mesmo” cando “a actitude da Consellería de Educación con estas familias e os nenos e nenas de Verducido é unha vergoña”.

“Non merecen ese trato, non merecen que aos seus fillos e fillas se lles vulnere o dereito constitucional a un ensino público e de calidade, así como o dereito á igualdade de oportunidades, independente de onde vivan”, sinalou.

Por último, Castro defendeu as escolas rurais con menos alumnado, xa que “está comprobado que isto aumenta a calidade da ensinanza e que dinamizan os territorios nos que se atopan”. Ademais, lembrou que o Consello Escolar do Estado no ano 2019 emitiu un informe loando ás escolas rurais agrupadas polo seu “alumnado máis respectuoso” e “cunha mellor conducta social e afectiva”, co que recomendaba que estas escolas se mantivesen abertas cun mínimo de 4 alumnos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista promove unha declaración institucional para que o Parlamento condene o ataque sen precedentes de Milei ao Goberno español

Elena Espinosa pídelle a Rueda que estea á altura do seu cargo e lémbralle que o presidente arxentino comezou o…

21/05/2024 16:15

Julio Abalde lamenta que o PP vote en contra de pedirlle á Xunta que axude aos mariscadores da Ría do Burgo

Reclamoulle á Xunta que garanta a supervivencia das 100 familias afectadas pola rexeneración da ría mentres dura o proceso de…

21/05/2024 12:56

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31