Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle á Xunta que poña coto legal ao xogo e ás apostas deportivas

Julio Torrado denuncia o “flirteo” da Xunta coas casas de apostas, coas que “intercambian premios e parabéns” logo de garantirlles privilexios na apertura durante a pandemia

O Parlamento pide a constitución dun Observatorio Galego do Xogo que elabore un protocolo de actuación para evitar o xogo entre os menores

A Comisión de Sanidade aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que presente “á maior brevidade” unha Lei do Xogo co obxecto de acotar as condutas aditivas vencelladas a estas actividades. O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, presentou esta iniciativa dirixida a limitar a proliferación destes establecementos ou as apostas deportivas nos bares.

Torrado alertou sobre o “desamparo” do cidadán, cada vez máis exposto a estas prácticas mentres o goberno galego “intercambia premios e parabéns coa patronal das casas de apostas”. Lembrou as felicitacións mutuas entre o conselleiro de Vicepresidencia e estes establecementos logo de que nos momentos máis duros da pandemia puideran abrir ata máis tarde ou se beneficiaran antes da desescalada, “invitando a ir ás casas de apostas cando pechaban os bares”.

O responsable socialista chamou a controlar estes establecementos mentres o goberno galego leva “anos” adiando a aprobación dunha Lei do Xogo imprescindible para frear unhas prácticas que exercen 1 de cada 5 menores de idade, aínda sabendo que é ilegal. Advirte de que, segundo un estudo elaborado pola USC, máis da metade dos pais e nais saben que é unha práctica ilegal e que os seus fillos xogan, e que mesmo o 80 por cento deles nunca tiveron que presentar un DNI.

A proposta aprobada hoxe urxe á Xunta a presentar unha Lei do Xogo dirixida a potenciar a prevención das condutas aditivas, e que garanta o control e acceso ao xogo e apostas para os máis mozos e mozas. Ademais, reclamou “maiores restricións que a hostalería e outros locais e espazos de ocio no caso de existir a necesidade de tomar este tipo de decisións durante a pandemia ou outras causas sobrevidas”.

Torrado reclamoulle ao goberno galego que exerza as súas competencias exclusivas nesta materia para “limitar as posibilidades e facer pedagoxía”, ademais de limitar a publicidade sobre as apostas.

Observatorio Galego do Xogo

O Grupo Socialista conseguiu hoxe o acordo de tódolos grupos parlamentarios para pedirlle á Xunta que constitúa un Observatorio Galego do Xogo, que elabore un protocolo de actuación para evitar o xogo en menores. Este organismo será encargado de realizar un informe anual sobre o xogo en Galicia e facer seguimento da aplicación da lexislación sobre xogo en vigor e propoñer melloras normativas neste sentido.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18