Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamar a posta en marcha efectiva do transporte público a demanda no rural

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista, para urxirlle á Xunta que poña en marcha de forma efectiva o servizo de transporte a demanda para os núcleos rurais dispersos de Galicia. O portavoz de Transporte, Luis Álvarez, presentou onte esta iniciativa, que foi votada e aprobada hoxe, na que advirte do escaso éxito do sistema ata o momento.

A proposta, que foi transaccionada co Grupo Popular, reclámalle á Xunta que potencie os servizos de transporte a demanda “co obxecto de garantir a mellora da mobilidade das persoas nas zonas rurais máis desatendidas”.

Álvarez explicou que entre o 22 de decembro de 2017 e finais de xullo de 2018, o servizo tan só recibiu 1.662 chamadas, sen explicar cantas delas foron realmente resoltas, cando en Castela e León no mesmo período, víronse beneficiadas por este servizo 51.000 persoas. O responsable socialista reivindicou maior interese, por parte do goberno galego, a un servizo que resulta “esencial” para unha poboación como a galega, de baixa renda e poboación dispersa.

Alertou das irregularidades detectadas na prestación deste servizo, como é que varias chamadas pedindo a parada do autobús teñan sido respondidas “culpando aos concellos da falla de prestacións cando este non está gobernando polo PP, ou ben remitindo ás empresas prestatarias para ter acceso á viaxe”.

Advertiu que os condicionantes do servizo, que obrigan ao usuario a chamar para solicitar a parada do transporte, pode derivar en que “unha persoa quede mirando como se vai o bus mentres agarda na parada por non ter chamado ou ben porque as prazas de persoas solicitantes estean cubertas”. Sinalou o “elevado descontento social” cun servizo que “só funciona durante o curso escolar, coincidindo coas liñas de transporte aos centros educativos”.

Álvarez sinalou que o goberno galego ten aprobado as liñas mestras para a renovación do mapa de liñas de autobús no Consello Galego de Transporte tan só co voto favorable dos representantes da administración e a abstención das empresas e as organizacións sindicais. Chamou ao PP a reeditar o acordo acadado no último debate do Estado da Autonomía, no que os socialistas acordaron unha transacción para reclamar un impulso a este tipo de transporte.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a potenciar os servizos de transporte a demanda, dentro da segunda fase do Plan de Transporte Público de Galicia, co obxecto de garantir a mellora da mobilidade das persoas nas zonas rurais máis desatendidas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18