Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba unha iniciativa do Grupo Socialista para esixirlle á Xunta que execute tódolos fondos dispoñibles para vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro

Eduardo Ojea advirte que a demanda de vivenda de promoción pública en alugueiro triplica á oferta disposta polo goberno galego

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que execute tódolos fondos dispoñibles para vivenda de promoción pública, sinaladamente en réxime de alugueiro. O portavoz de Vivenda, Eduardo Ojea, presentou esta iniciativa na que alerta da baixa execución por parte do goberno galego, que só executou o 3,4 por cento do programa de acceso á vivenda.

Ojea considera “fundamental que a Xunta avance na execución” dos fondos dispoñibles, dos que dependen novos investimentos, sinalou que “o Executivo autonómico ten todas as competencias neste ámbito” segundo o Estatuto de Autonomía, polo que “é a súa obriga dar solucións reais ante a grande dificultade para acceder ao alugueiro en Galicia”.

O responsable socialista advertiu do escaso interese do goberno galego pola vivenda de promoción pública, que pasou de construír 11.602 vivendas durante o goberno presidido polo socialista Touriño ás apenas 633 rematadas entre 2015 e 2021. Neste momento, advertiu, hai máis de 15.000 demandantes de vivenda de promoción pública, o triplo da oferta dispoñible polo goberno galego.

Advertiu que as familias con menos ingresos rexistran “cada vez máis dificultades para acceder a unha vivenda”, mentres os prezos dispáranse, aumentando máis dun 35 por cento dende 2015 nas sete grandes cidades galegas.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

1. O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a que execute todos os orzamentos que ten propios e procedentes do Plan estatal de acceso á vivenda 2022/2025 e dos fondos europeos para a construción de vivendas destinadas ao alugueiro.

  1. O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que transfira todos os fondos que, en materia de vivenda, pertencen lexitimamente á Comunidade Autónoma de Galicia, en canto titular estatutario das competencias nesta materia (artigo 27.3 do Estatuto de Autonomía de Galicia)”.
Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18