Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba por unanimidade a nosa proposta para pedirlle á Xunta que cumpra coa execución do Concerto Social e garanta a viabilidade das entidades sociais sen ánimo de lucro

Marina Ortega chama a “blindar” a atención ás persoas con discapacidade, menores e adultos en risco de exclusión social

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha Proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que poña en marcha o novo Concerto Social cumprindo co decreto de 2020 que desenvolve o réxime de concertos sociais en Galicia. Ortega presentou onte esta proposición non de Lei, que foi votada e aprobada hoxe.

Ortega reclamoulle á Xunta que cumpra coa súa obriga para garantir a viabilidade das entidades sociais sen ánimo de lucro, que están a prestar atención a unha poboación especialmente sensible asumindo unha competencia que lle corresponde ao goberno galego.

Alertou de que a Xunta incumpriu os prazos para poñer en marcha o novo Concerto Social, que tiña como límite o pasado mes de xullo, como figuraba no seu propio decreto. Engadiu que “así como se lle esixe á cidadanía adherirse aos prazos para calquera xestión, o goberno galego non debera de estar por riba dos cidadáns”.

Pediulle á Xunta que “se volva sentar coas entidades” para desbloquear a situación e “chegar a acordos que permitan a sustentabilidade económica das organizacións”, e que poidan a continuación participar do deseño dos pregos de condicións que deberan constituír o marco regulatorio do novo modelo de prestación de servizos a persoas con discapacidade en Galicia”.

Dixo que ao incumprir o seu propio decreto, o goberno galego “pon en perigo a propia supervivencia das entidades sociais que ofrecen atención a persoas con discapacidade, tamén menores e adultos en risco de exclusión social, que son competencia do goberno galego, que delega nestas entidades”. Esixiu “respecto” polas familias das persoas con discapacidade e urxiu a “responder con transparencia” ás súas demandas.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que a través da Consellería de Política Social garantan a execución do Concerto Social en base a garantir a viabilidade das entidades e do labor coas persoas con discapacidade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04