O parlamento aprobou hoxe tres recomendacións do Grupo Socialista para favorecer a transparencia, garantir o comportamento ético e previr a corrupción, na Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións con Consello de Contas. Unha comisión que segue a debater sobre o plan de traballo para 2019 aprobado fai xa máis de tres meses.
A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, sinalou que foi este grupo o único que presentou propostas para reforzar a loita contra a corrupción co obxectivo, dixo, de “recuperar a confianza da cidadanía nas entidades públicas”.
Rodríguez Rumbo esixiu máis efectividade por parte do goberno, xa que dende a aprobación do plans de traballo 2019 no pleno do Consello de Contas, o 22 de decembro de 2018, este segue a ser debatido en Comisión parlamentaria 95 días despois.
Destacou que o Grupo Socialista aceptou cambios nas recomendacións presentadas polo Grupo Popular “co obxectivo de que estas sexan aceptadas, porque neste Grupo Parlamentario, a diferencia do grupo do goberno, buscase a conciliación para poder levar adiante medidas favorables a cidadanía”.
Recomendacións ao Consello de Contas aprobadas hoxe:
19. O Parlamento de Galicia insta o Consello de a realizar no exercicio 2019unha avaliación sobre o sistema de riscos que permitan garantir o comportamento ético dos xestores públicos no sector público autonómico, as deputacións e os concellos de máis de 50.000 habitantes.
20. O Parlamento de Galicia insta o Consello de Contas desenvolver neste exercicio actuacións destinadas a fomentar a conciencia e a participación cidadá a favor da transparencia e do comportamento ético.
21. O Parlamento de Galicia insta o Consello de Contas a asesorar ao sector público autonómico, ás deputacións e aos concellos de máis de 50.000 habitantes na implantación de plans de prevención de risco da corrupción para a súa implantación neste exercicio”.