Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba as nosas propostas para que Contas fiscalice o uso dos fondos covid por parte da Xunta

A Comisión para as relacións co Consello de Contas aprobou hoxe as propostas socialistas para pedirlle ao ente que “fiscalice o destino de todos os ingresos recibidos do Estado debidos á xestión da pandemia da covid-19”. A portavoz do Grupo Socialista na dita Comisión, Begoña Rodríguez Rumbo, lamentou sen embargo que rexeitaran fiscalizar a calidade asistencial nas residencias de maiores e das medidas tomadas nelas con motivo da xestión da pandemia.

O Parlamento pídelle tamén ao Consello de Contas, por iniciativa do Grupo Socialista, que fiscalice os gastos en recursos humanos no sistema sanitario galego “co seguimento dos fondos extraordinarios recibidos para afrontar a pandemia da covid – 19”. Tamén pediu a fiscalización da xestión económico – financeira da covid – 19, incluíndo a contratación de emerxencia e as transferencias e axudas públicas.

En total a Comisión aprobou hoxe catro das 47 recomendacións presentadas polo PSdeG ao Plan de Traballo para 2021 e a Memoria de Actividades de 2019. Ademais das tres anteriores, aprobaron fiscalizar o custe dos concertos hospitalarios realizado polo Servizo Galego de Saúde, incluíndo o custe global concertado con cada hospital e o custe por servizo, determinando o volume que supoñen os concertos con respecto ao orzamento do Sergas.

A responsable socialista reclamaba tamén a fiscalización dos contratos e convenios de publicidade, protocolo e comunicación da Xunta entre 2015 e 2020, a xestión dos fondos transferidos a outros entes, as axudas e convenios coas entidades locais e institucións dependentes, ou o custe das competencias autonómicas que están a desenvolver e financiar as corporacións locais.

Hoxe tamén se debateron os informes de fiscalización do sector público de Galicia contidos na Memoria de 2019, que foron aprobados incorporando tan só unha das 36 propostas presentadas polo Grupo Socialista. Esta proposta, transaccionada co PP e BNG, reclámalle á Xunta que poña en marcha o rexistro de entidades dependentes previsto na Lofaxga.

Rodríguez Rumbo denunciou que a Xunta leva 12 anos “presentando contas carentes de transparencia e de rigor orzamentario”, demostrando impunemente que “consideran as recomendacións do Consello de Contas como un trámite administrativo máis”. Mentres, fan caso omiso das recomendacións de Contas para incrementar a transparencia da Conta Xeral, habilitar a rendición telemática da conta xeral e a revisión profunda da memoria da conta xeral.

Transparencia e loita contra a corrupción

A parlamentaria socialista Leticia Gallego foi a encargada de intervir na comparecencia do conselleiro maior do Consello de Contas, José Antonio Redondo, para presentar o informe de fiscalización das contabilidades electorais das eleccións autonómicas. Gallego defendeu a transparencia nas contas dos partidos políticos como “sinal de lexitimidade, evolución e loita contra a corrupción”.

Dixo que “todos os gobernos deberan elaborar políticas públicas contra a corrupción”, e sinalou que “a construción de políticas de integridade e de sistemas institucionais que tendan a prever as malas prácticas, a fraude ou a corrupción é unha necesidade inmediata da nosa sociedade. Chamou a que “todos os partidos políticos traballemos arreo para que isto sexa unha realidade”.

Lamentou que “o PP tivo a oportunidade de amosar o seu compromiso serio coa transparencia e a loita contra a fraude apoiando varias iniciativas presentadas polo Grupo Socialista”. Sen embargo, dixo, “aplicaron o seu rodillo freando unhas propostas que axudarían a que os galegos e as galegas volveran ter confianza na clase política”.

Lembrou neste sentido que o índice sobre calidade dos gobernos subnacionais na UE, elaborado pola Universidade de Gotemburgo, Galicia ocupa o posto 14 das 17 comunidades autónomas de España en niveis de imparcialidade na xestión, loita contra a corrupción e calidade nos servizos”.

Texto das iniciativas aprobadas hoxe:

Recomendacións presentadas polo PSdeG ao Plan de Traballo para 2021 e a Memoria de Actividades de 2019

Recomendación núm. 4

– “O Parlamento de Galicia recomenda ao Consello de Contas realizar un informe sobre o custo dos concertos hospitalarios realizado polo Servizo Galego de Saúde, no que inclúa o custe global concertado con cada hospital, así como o custe por servizo concertado con indicación expresa da comparativa entre o custe do servizo realizado nun hospital público e nun centro concertado, e o volume que estes concertos supoñen con respecto ao orzamento do Sergas”.

Recomendación núm. 29

– “O Parlamento de Galicia recomenda ao Consello de Contas realizar un informe de fiscalización sobre o destino de todos os ingresos recibidos do Estado debidos á xestión da pandemia da Covid – 19”.

Recomendación núm. 35

– “O Parlamento de Galicia recomenda ao Consello de Contas realizar un informe de fiscalización sobre os gastos en recursos humanos no sistema sanitario galego co seguimento dos fondos extraordinarios recibidos para afrontar a pandemia da covid – 19”.

Recomendación núm. 43

– “O Parlamento de Galicia recomenda ao Consello de Contas realizar un informe sobre a xestión económico – financeira da covid – 19: contratación de emerxencia, transferencias e axudas públicas”.

Propostas de Resolución respecto dos informes de fiscalización do sector público de Galicia que conteñen a fiscalización da conta xeral da Comunidade Autónoma de Galicia de 2018:

Resolución núm. 26 (transaccionada)

– “O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia para que poña en marcha o rexistro de entidades dependentes previsto na Lofaxga e estableza sistemas de identificación das entidades que poden reunir os requisitos legais para seren consideradas integrantes do sector público autonómico”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18