Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para pedirlle á Xunta unha Mesa de Traballo para homologar o Camiño dos Faros

A Comisión de Turismo do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que constitúa unha Mesa de Traballo multilateral co fin de acadar a homologación do Camiño dos Faros. O responsable socialista Martín Seco defendeu esta proposta coa que lle pediu á Xunta que desbloquee a homologación que leva ano e medio pendente do goberno galego.

Con esta proposta, o Parlamento reclámalle á Xunta que constitúa unha Mesa de Traballo na que ademais do Executivo participen a Deputación da Coruña, os alcaldes dos 9 concellos polos que transcorre o Camiño dos Faros, a Asociación de Turismo Costa da Morte –ATCM-, a Asociación Camiño dos Faros e a Federación Galega de Montañismo. O obxectivo é conseguir a homologación e planificar o futuro dunha actividade que mobiliza ata 20.000 visitas anuais á Costa da Morte e Bergantiños.

Seco reclamou “poñer en valor o Camiño dos Faros tal e como existe, e non roubarlle o nome nin diluílo noutro tipo de proxecto” que suporía deixala en mans de “grandes consultoras e humanizacións, deixando na cuneta o realmente importante”. Explicou que resulta posible salvar os escollos, principalmente medioambientais, a titularidade das leiras ou a porcentaxe de asfalto, coas modificacións propostas pola propia Asociación Camiño dos Faros, promotora do proxecto.

Explica así que o Camiño dos Faros leva 19 meses agardando pola resposta da Consellería de Medio Ambiente ao estudo de impacto ambiental presentado pola Asociación, que “mira para outro lado”. Ademais, No canto ás leiras de titularidade privada, lembrou que tan só presentan problemas unha decena das 1.532 leiras de titularidade privada polas que transcorre o percorrido nos seus 200 quilómetros.

Finalmente, explicou que a porcentaxe de asfalto non urbano cumpre cos requisitos europeos, e non ten sido un problema para o roteiro panorámico de Vivo, que si que ten a homologación da Federación Galega de Montañismo. O Camiño dos Faros ten un 11,5 por cento de asfalto non urbano, pero a Federación Galega esixe un 10 por cento e a europea chega ata o 20 por cento.

Ademais, a Federación Galega de Sendeirismo esixe que non haxa máis de 750 metros continuos de asfalto, o mesmo para un itinerario de 5 quilómetros que para outro de 200, moi por debaixo do límite de 3.000 metros da normativa europea. Explicou que o roteiro de Vigo ten un 33 por cento de asfalto e ademais incumpre o límite mínimo en sete seccións, malia o que si que obtivo a dita homologación.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a constituír unha Mesa de Traballo coa Deputación da Coruña, os alcaldes dos 9 concellos polos que transcorre o Camiño dos Faros, a CMAT, a Asociación O Camiño dos Faros, a Federación Galega de Montañismo e aqueles outros organismos e colectivos que a propia Mesa estime convinte polo seu recoñecemento e competencias nos ámbitos que o asunto requira, co obxecto de conseguir a homologación do Camiño como ruta de gran percorrido (GR) e planificar o futuro dunha actividade de vital importancia para Bergantiños e a Costa da Morte”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18