Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para intensificar os procesos de detección precoz de cancro

A Comisión de Sanidade do Parlamento aprobou hoxe unha iniciativa presentada polo PSdeG para que a Xunta intensifique os procesos de cribado e detección precoz do cancro. O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, lamentou sen embargo que o PP impedira acordar tamén pedirlle á Xunta os datos oficiais sobre o impacto da pandemia no descenso destas deteccións precoces.

O responsable socialista aplaudiu o acordo para instar á Xunta a que intensifique os cribados como vía para resolver a falla de diagnósticos provocada pola pandemia no ano 2020, no que “paralizáronse e enlentecéronse os procesos de detección precoz durante a primeira onda, co que detectamos os síntomas menos ou máis tarde”.

Alertou de que este efecto resulta “bastante grave” por canto se trata dunha enfermidade “tempodependente” na que a detección precoz é fundamental no tratamento. A proposta aprobada hoxe tamén lle pide ao goberno galego que avalíe novos sistemas de cribado e detección precoz de cancro “para casos e tipos que hoxe aínda non estean sendo incorporados aos procesos de cribado que leva a cabo o Sergas”.

Informe

O responsable socialista lamentou que o PP obrigara a deixar fora do acordo de hoxe outro punto da iniciativa no que lle pedía ao goberno galego que fixera públicos os datos sobre os cribados, para coñecer o impacto real da pandemia na ralentización da detección precoz. Lamentou que, en troques de buscar o acordo, a portavoz do PP optara por lanzar “ataques furibundos sen fundamento” cando “conclúen a mesma reflexión que fixemos nós”.

Explicou que o propio conselleiro de Sanidade recoñeceu en sede parlamentaria este “gap”, que mesmo chegou a cifrar en torno ao 10 por cento, anunciando que entregaría uns datos “que nunca chegaron”. Si que ofreceu algunhas cifras a representante do PP que, precisou Torrado, “non é portavoz do goberno”, e preguntou “por que se negan a compartir uns datos que recoñecemos que non son culpa da xestión do goberno”.

Lamentou que a única reticencia sexa “non querer compartir o informe, ou facelo se é que non existe e compartilo, pero non queren facer o informe nin que os demais coñezamos as cifras cando compartimos que preocupan”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

  1. Intensificar os procesos de cribado e detección precoz de cancro, para tratar de reverter na medida do posible o problema de déficit de diagnósticos provocado pola pandemia en 2020.

  1. Avaliar a implementación de novos sistemas de cribado e detección precoz de cancro, para casos e tipos que hoxe aínda non estean sendo incorporados aos procesos de cribado que leva a cabo o Sergas”.
Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04