Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa iniciativa para urxirlle á Xunta que acorde co sector marítimo a modificación do decreto que regula as artes, aparellos e útiles de pesca

Patricia Otero reclama que flexibilicen unha norma que leva 12 anos amosándose “inoperativa” e “deixen as regras de xogo clariñas dende o primeiro momento”

A Comisión de Pesca do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que modifique canto antes o decreto que regula as artes, aparellos e útiles para a extracción de recursos mariños. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, presentou esta iniciativa na que empraza á Consellería a dialogar co sector para actualizar unha norma que xa nacera obsolera.

Otero lembrou que o sector marítimo leva pedíndolle á Xunta que flexibilizara esta norma, aprobada en 2011, dende o ano seguinte da súa entrada en vigor, xa que se tiña demostrado “demasiado ríxida e inoperativa”. Ironizou con que a portavoz do PP pedira hoxe “calma e unha reflexión profunda” a pesares de que teñen pasado xa 12 anos despois da publicación desta norma.

A parlamentaria socialista sinalou que “as regras do xogo teñen que quedar moi clariñas dende o primeiro momento” para adaptar a normativa á realidade das necesidades do sector da pesca, e atendendo ás súas demandas.

Sinalou que a norma resulta “excesivamente minuciosa e pouco operativa”, e precisa deixar “perfectamente definidas” as dimensións, características e usos das artes de pesca e marisqueo, salvando ademais os problemas que ocasiona nos portos, sinaladamente pola regulación das boias.

Patricia Otero reclamoulle á Consellería que atenda a esta demanda, que procede do sector da pesca, coa “mesma axilidade” coa que atendeu á petición para cubrir a xefatura territorial de Pesca de Celeiro. Este cargo levaba dous anos baleiro ata que, ironizou, “atoparon á candidata ideal que, casualidades da vida, é a que fora candidata do PP á alcaldía de Viveiro, e que non conseguiu porque a alcaldesa segue a ser a socialista María Loureiro”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a que, no menor prazo de tempo posible, e atendendo ao diálogo co sector, modifique o obsoleto Decreto polo que se regulan as artes, aparellos e útiles para a extracción de recursos mariños”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09