Categorías: Actualidade

O inmobilismo da Xunta pon en perigo a atención sanitaria no verán

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, denunciou hoxe en Ribadumia o “inmobilismo” do goberno galego, que está a poñer en serio perigo a atención sanitaria no verán. Torrado desprazouse hoxe ata Ribadumia, onde participou na concentración convocada diante do Centro de Saúde para protestar pola a falla de persoal, que obriga a derivar á cidadanía ás instalacións de concellos veciños.

O responsable socialista denunciou que o goberno galego estea incumprindo tódolos seus anuncios logo de 9 meses de folga dos traballadores e traballadoras da sanidade galega, nos que “non aceptou ningún compromiso real, mantendo á sanidade pública sen persoal, e o pouco que hai ten que soportar condicións precarias”.

Torrado afeoulle ao conselleiro de Sanidade que estea “desaparecido da xestión das súas obrigas” e que “un ano despois da traxedia no PAC de A Estrada”, onde faleceu un paciente ás portas por falla de persoal sanitario a situación “está a día de hoxe nas mesmas condicións que provocaron o fatal desenlace, que pode repetirse en calquera momento”.

O responsable socialista participou na protesta cidadá polo abandono do Centro de Saúde de Ribadumia, onde a “xestión desastrosa” da Consellería de Sanidade está a provocar que “a cidadanía pague en primeira persoa a falla de planificación e de interese por garantir unha atención sanitaria acaída”.

Sinalou que “como exemplo, hoxe mesmo non había ningún médico no Centro de Saúde cando comezamos coa concentración, xa que 1 dos 2 médicos de familia estaba de vacacións, e o outro tivo que saír facer unha consulta, e ao único pediatra tocáballe atender en O Grove”. Esta falla de persoal, dixo, é “unha constante” nos centros de saúde de toda Galicia, “como vimos de comprobar tamén en Vilagarcía, que quedou sen 2 dos 3 médicos que lle corresponden”.

Convocatoria MIR

O responsable socialista contrastou o “inmobilismo” e “falla de compromiso” do goberno galego coa xestión do Ministerio de Sanidade, que veu de convocar o maior MIR da historia, cun total de 7.512 prazas de médicos, das que 457 son para Galicia, un 13,1 por cento máis.

Sen embargo, Galicia padece o déficit de xestión dun goberno galego que en 10 anos deixou de pedir un total de 150 prazas MIR de medicina familiar, “150 traballadores da sanidade que a día de hoxe non están formados única e exclusivamente polo desleixo e a mala xestión do goberno galego”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08