Categorías: Actualidade

O informe do grupo de expertos de sanidade supón “unha bofetada á política sanitaria da Xunta”

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, apuntou hoxe que o informe “Por unha Atención Primaria vertebradora do sistema de saúde” presentado en novembro polo comité de expertos convocado pola Consellería de Sanidade supón en realidade unha “bofetada á súa política sanitaria”. O responsable socialista presentou unha interpelación para reclamarlle ao presidente da Xunta e ao conselleiro de Sanidade que “non rompan nada máis” na sanidade pública “no tempo que lles queda”.

Torrado advertiu que o dito informe conclúe que a xestión do goberno galego foi “desastrosa” e “para nada efectiva”, e alertou fronte á tentación de “metelo nun caixón”. Advertiu que o documento defende boa parte das propostas que presentaron os socialistas no Parlamento durante esta Lexislatura e que o PP vetou “unha tras outra”.

Neste sentido, o Comité de expertos sinala a necesidade de dignificar as condicións de traballo dos profesionais, establecendo límites de pacientes ao día, ampliar o catálogo de probas diagnósticas, a estabilización de prazas de interinos, a substitución de facultativos nos centros de saúde, convocar prazas de Fisioterapia, medidas de mellora da Atención Primaria, ou corrixir a saturación dos servizos sanitarios.

Sinalou que “dicimos o que din os profesionais” e que o goberno galego se nega a admitir, polo que augurou que “acabarán metendo nun caixón” as peticións dos facultativos. O informe, dixo, apunta aos graves problemas da sanidade pública galega logo de dez anos de goberno de Feijóo, comezando pola falla de marxe dos xefes de servizo para axustar a oferta, a falla de xestión e escasa capacitación das enfermeiras, ou a excesiva burocratización.

Alerta tamén de “importantes listas de espera”, así como a nula atención ás enquisas e reclamacións dos usuarios, por canto o paciente non é considerado como suxeito activo e eixo do sistema. Tamén advirte da falla de autonomía da Atención Primaria ou da “actitude centralizadora e desconfiada das xerencias” e da fixación de obxectivos non realistas, nunha sanidade que “desconecta a planificación e a realidade”.

Torrado citou finalmente o dito informe, que alerta da falla de planificación nas prazas de médicos e enfermeiras, e advirte de que en 10 anos xubilaranse a metade dos médicos logo de que, dixo Torrado, o goberno galego deixara sen formar 150 médicos residentes de medicina familiar “porque non pediron as prazas MIR que tiñan habilitadas” polo goberno de España.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18