Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista urxe á Xunta a presentar un Plan de actuación fronte ao nematodo do piñeiro nun prazo de 3 meses

Carmen R. Dacosta alerta do risco desta praga detectada en varios concellos de Pontevedra e outros 5 de Ourense

 

A portavoz de Política Forestal, Carmen Rodríguez Dacosta, reclamoulle hoxe ao goberno galego que elabore e presente, nun prazo máximo de 3 meses, un plan de acción contra a praga do nematodo do piñeiro. Dacosta presentou unha iniciativa parlamentaria na Comisión de Agricultura, na que deu a voz de alarma fronte a esta praga que afecta xa a 25 concellos galegos, sinaladamente na comarca da Baixa Limia e o sur de Pontevedra.

 

A responsable socialista lamentou que o PP teña votado hoxe en contra desta proposta na que lle reclamaba ao goberno galego que emendara o seu desleixo fronte a esta praga, detectada por primeira vez en Galicia no ano 2010, no concello de As Neves. A falla de medidas tomadas polo goberno galego provocou que a praga, que pasa por ser potencialmente unha das máis letais para as coníferas, estea agora estendida polo sur da Comunidade Autónoma.

 

Dacosta aludiu á auditoría realizada pola Comisión Europea en 2016, que alertaba de que o goberno galego chegou demasiado tarde a facer as inspeccións, análises de mostras e posta en marcha de  medidas de control na zona demarcada das Neves. Isto provocou que reduciran considerablemente a eficacia á hora de erradicar o nematodo do piñeiro de Galicia, onde os piñeiros ocupan o 37 por cento da superficie arborada, e superan o 40 por cento das cortas de madeira.

 

Alerta de que a extensión incontrolada desta praga suporía un duro golpe para o ecosistema do monte galego e a industria forestal galega, ademais de que incentivaría “aínda máis” aos propietarios forestais para cambiar masivamente as plantacións de piñeiro polo eucalipto, que é inmune a esta praga. Isto “faría saltar polos aires a recente planificación da revisión do Plan Forestal de Galicia.

 

A responsable socialista reclamoulle ao goberno galego un plan de actuacións para acadar piñeiros resistentes ou tolerantes ao nematodo do piñeiro, así como un plan de actuacións para que esta planta de piñeiro estea a disposición dos propietarios forestais e as empresas de reforestación para o seu uso efectivo nas repoboacións forestais.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG advirte de que a nova Lei de Administración Local “nace morta” se non garante o financiamento dos concellos

A secretaria de Organización e deputada do Grupo Parlamentario Socialista, Lara Méndez, critica que o…

09/02/2026
  • Actualidade

O PSdeG acusa a Rueda de enganar ás familias coa dedución do material escolar

O deputado Aitor Bouza advirte de que parte das 60.000 familias ás que a Xunta…

08/02/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro reivindica desde a Festa do Butelo da Fonsagrada a calidade como eixo de competitividade dos produtos agroalimentarios galegos

O secretario xeral do PSdeG pon ao Butelo como exemplo da capacidade produtiva e da…

07/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista advirte da necesidade da protección da infancia fronte aos intereses mercantís das plataformas dixitais

Silvia Longueira, Lara Méndez e Carlos López Font, deputados do Grupo Parlamentario Socialista,  mantiveron esta…

06/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista censura o “uso partidista” da Axencia Turismo de Galicia e critica a súa falta de ambición

Lara Méndez denuncia que o goberno galego exclúe a concellos socialistas como Camariñas, Betanzos ou…

06/02/2026
  • Actualidade

Lara Méndez: “Os alcaldes do PP teñen que defender aos seus concellos fronte á Xunta e non atacar a quen denuncia a infrafinanciación do SAF”

A secretaria de Organización do PSdeG pediu tamén explicacións sobre a posible existencia de convenios…

06/02/2026