Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle ao goberno galego que “como mínimo” triplique a superficie da Rede Natura no horizonte de 2030

Paloma Castro lamenta o voto en contra do PP a ampliar a protección medioambiental, modificar o Plan Director da Rede Natura e compensar aos propietarios dos terreos protexidos

 

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Paloma Castro, esixiulle hoxe ao goberno galego que “como mínimo” triplique a superficie incluída na Rede Natura de aquí ao ano 2030. Castro lamentou o voto en contra do PP á proposición non de Lei que presentou na Comisión de Medio Ambiente de hoxe para ampliar e mellorar a protección medioambiental dos terreos protexidos.

 

A responsable socialista acusou ao PP e ao goberno galego de facer unha política medioambiental “de papel” sen efecto real, por canto Galicia é a Comunidade Autónoma con menos superficie protexida do Estado. Esta situación provocou a reprimenda da Comisión Europea, que en agosto de 2022 advertía que o Plan director para a xestión destes espazos incumpría os requisitos da Directiva Hábitats.

 

Lembrou que a ampliación destes espazos foi posta en marcha polo goberno presidido polo socialista Pérez Touriño pero o goberno do PP parouna en 2009, e malia o compromiso aprobado no Parlamento en 2017 e 2021 a iniciativa do Grupo Socialista e os sucesivos anuncios do goberno galego esta permanece paralizada.

 

Explicou que a propia organización ecoloxista WWF advertiu que Galicia ten “o peor” Plan director de todo o Estado. Os socialistas galegos presentaron esta iniciativa para reclamarlle ao goberno galego que modificara o dito Plan director para “melloralo e adaptalo á normativa europea”, ademais de ampliar a superficie protexida e incorporar un fondo de compensación para os propietarios dos terreos incluídos nos espazos protexidos de Galicia.

 

Paloma Castro esixiulle ao goberno galego “accións reais que axuden a cumprir cos obxectivos do Pacto Verde Europeo”, e lembrou que ata o momento só fixeron “anuncios” da ampliación, “pero nada se fixo”. Advertiu que o portavoz do PP asegurara hoxe que a ampliación quedaba novamente adiada ata 2027, o que fai “moi difícil” cumprir cos obxectivos cara o 2030.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa á Xunta de “maltratar” aos traballadores da autovía do Salnés logo do seu rescate

Paloma Castro sinala que o goberno galego está a demostrar que “nin xestión pública, nin…

11/12/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que a nova Lei do Litoral da Xunta “abre as portas a usos impropios, a intereses económicos e reducir os estándares ambientais”

Paloma Castro sinala que a reforma da Lei de Patrimonio Cultural a través da Lei…

11/12/2025
  • Actualidade

COMUNICADO PSdeG

En coordinación coa dirección federal do PSOE e ante a gravidade das acusacións por presunto…

10/12/2025
  • Actualidade

Lara Méndez sinala que as informacións sobre o presunto acoso sexual en Lugo producen “tristeza” e “repugnancia” e anuncia un pronunciamento contundente do PSdeG

A viceportavoz segunda do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Lara Méndez, comezou a intervención…

10/12/2025
  • Secretaría Xeral

O PSdeG reúne apoios de federacións e agrupacións do PSOE e da UGT de toda España para que o Concello de Ferrol coloque a placa de Pablo Iglesias no lugar que merece

Os secretarios xerais galego e ferrolán participarán mañá en Madrid nos actos con motivo do…

08/12/2025
  • Actualidade

A Xunta volve incumprir a obriga legal de aprobar o Pladiga antes do 31 de outubro

Carmen R. Dacosta lamenta que o goberno galego “segue sen ter aprendido nada” da vaga…

08/12/2025