Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista rexeita o teito de gasto da Xunta ao considerar “inadecuadas” as súas prioridades orzamentarias para Galicia

Luis Álvarez reprocha á Xunta que finxa un agravio inexistente co Estado e pase de dicir “non nos dan o que nos corresponde a non somos quen de xestionar o que nos dan”

O portavoz socialista acusa a Feijóo de multiplicar por 2,48 a débeda pública da comunidade de deixarlle un pufo de 4.353 € a cada galego

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, rexeitou hoxe o teito de gasto proposto pola Xunta ao Parlamento por entender que as prioridades orzamentarias trazadas “non coinciden coas do PSdeG” nin coa da maioría dos galegos e galegas. “As prioridades son inadecuadas”, sinalou, antes de censurar a supresión da Tarxeta Básica para as familias sen recursos ou a falta de axudas ao sector agrario, e lembrar tamén os dependentes abandonados ou o colapso do sistema sanitario.

Durante o debate plenario sobre o teito de gasto, o voceiro socialista resaltou a relevancia que ten o límite orzamentario que se fixa, xa que é algo que “determina todas as políticas” que se van a levar a cabo durante o ano 2023. Incidiu neste feito ante o marcado carácter de “trámite” que ten a súa aprobación pola maioría absoluta do Partido Popular.

Álvarez remarcou que o informe do Consello de Contas amosa que a Xunta foi “insolvente, insolidaria” e estivo máis preocupada de vender a súa xestión no resto do Estado que en protexer realmente á cidadanía galega. Dedicouse, dixo, a “mentir aos galegos”, o que cualifica como “imperdonable”.

O voceiro reprochou á Xunta que se queixe da falta de fondos en Galicia do goberno central, cando o Consello de Contas certificou que non se executaron os que se enviaron. Recolleu que nos 4 anos que leva Pedro Sánchez gobernando dende a Moncloa, Galicia recibiu un 31,7% máis de recursos que na etapa de Rajoy.

Tamén falou Luis Álvarez da gran oportunidade que supón este aumento no límite orzamentario, que se engade a un incremento dun 0,1% a un 0,3% no marxe de gasto para as Comunidades Autónomas e cun aumento do 24% de ingresos do sistema ordinario de financiamento autonómico, ata chegar aos 9.401,58 millóns de euros. Galicia tamén recibirá un 9% máis durante o 2023 en concepto de entregas a conta, un total de 8.778,09 millóns.

As expectativas dos socialistas son patentes ante a falta de investimento nos eixos dunha sociedade mellor, a “equidade social e a protección da cidadanía”. Para Álvarez, os orzamentos da Xunta non amosaron interese nestes campos nos últimos anos, sendo aspectos de maior importancia tras a pandemia e coa actual crise derivada da guerra en Ucraína.

O portavoz socialista aproveitou a súa intervención para marcar con claridade a postura do seu grupo ante o proxecto de orzamentos que deriven do teito de gasto aprobado este mércores, pedindo un reforzamento dos servizos públicos ante unha dura perspectiva coa rebaixa do crecemento económico e o aumento da inflación.

REPROCHE A FEIJÓO

Durante a súa intervención, o portavoz socialista puxo en dúbida a utilidade do aumento do límite orzamentario remarcando que a Xunta de Galicia só empregou o 60% do fondo Covid recibido do Estado e deixou sen executar a totalidade do Fondo de Compensación Territorial.

Recordou que o quen era presidente da Xunta nese momento, Núñez Feijóo, queixouse da insuficiencia deses fondos excepcionais na pandemia para agora descubrir que non os investiu. Ademais, remarcou que a suficiencia dos fondos foi constatada por Contas. Por iso, falou de que o goberno galego se ampara nun agravio inexistente, pasando do “non nos dan o que corresponde” a un “non somos quen de xestionar o que nos dan”.

Tamén recriminou ao actual líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, a súa actitude co goberno central. Para Álvarez, o expresidente da Xunta está a amosar en España o que xa hai anos que se vía dende Galicia, a súa política de “populismo cortoplacista”, emprazándolle a deixar de falar de “forrarse con impostos, Audis ou avións”.

Confrontando de novo contra o expresidente da Xunta, Álvarez remarcou que está a exhibir en España “o que xa sabíamos e Galicia dende hai anos”, sinalando que “a política de marketing non enmascara a realidade” e que acusou ao PP de reducir a xestión de goberno a un simple exercicio contable e a situarse nunha constante posición “vítimista”.

Na mesma liña fixo referencia a que Feijóo falara do “pufo” que está deixando o presidente do goberno do Estado, recordando que o líder do PP é o “responsable” de multiplicar a débeda per cápita en Galicia por 2,48, é dicir, que nos propios términos do popular, deixou a cada galego “un pufo de 4353 euros.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18