Categorías: Actualidade

Marina Ortega reclámalle á Xunta que cubra a zona de espera no exterior do Centro de Saúde de Leiro para protexer aos doentes que teñen que agardar á intemperie

O Grupo Socialista leva ao Parlamento a situación da poboación de Leiro, obrigada a agardar ao aire libre polas restricións motivadas pola pandemia

A parlamentaria socialista Marina Ortega vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle ao Sergas que instale medidas de protección básicas contra a intemperie para os doentes que teñen que agardar pola atención médica no exterior do Centro de Saúde de Leiro. Ortega reclámalle á Xunta que acorde co Concello a instalación dun medio de protección básico.

A responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que atenda ás demandas dos veciños e veciñas da localidade, que “solicitan que se cubra dito espazo para se protexer do frío, choiva e, nas épocas estivais, das altas temperaturas que adoita ter o dito Concello”. Os socialistas galegos levan estas demandas á Cámara autonómica en forma de iniciativas parlamentarias para que a Xunta “acondicione o espazo para as zonas de espera externas”.

Ortega demanda “protexer aos doentes das condicións meteorolóxicas, especialmente ás persoas maiores, que ocupan o groso de doentes dentro do sistema público de saúde galego”, e sinaladamente nun concello como o de Leiro, de 1.500 habitantes en nove parroquias cun marcado envellecemento.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23