Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista reclama á Xunta valentía para aplicar medidas de impulso para o acceso das mulleres aos órganos de representación no sector do Mar

Patricia Otero reprocha ao goberno galego que non aplique as medidas aprobadas no Parlamento durante esta lexislatura

A deputada do Grupo Socialista, Patricia Otero, reclamou este martes á Xunta de Galicia que teña valentía para aplicar medidas de impulso para o acceso das mulleres aos órganos de dirección no sector do Mar.

Na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia, a socialista preguntou á representante do goberno galego sobre as medidas impulsadas para promover presenza das mulleres nos órganos directivos no sector do mar. Otero sinalou que “é preciso poñer enriba da mesa este problema” para solucionalo e non negar a súa existencia.

A deputada socialista puxo de relevancia algunhas iniciativas que logo de ser aprobadas na Cámara galega con propostas como o caso da creación dun Observatorio de Igualdade no sector pesqueiro que a Xunta “meteu nun caixón”, así como outras reivindicacións das mulleres do mundo do mar como o establecemento de cotas de representación nos órganos de representación do sector similar ao que xa ocorre nos partidos políticos.

A deputada socialista apunta a que “a Xunta non é valente e que cando lle crea problemas decide non facer nada, non promover ningunha medida para axudar a estas mulleres”. Reivindicou a necesidade de “cambiar as regras do xogo para que as mulleres se presenten” aos postos de dirección. “Imos cara atrás, se reduce o número de mulleres neses órganos en vez de crecer”, lamentou Otero.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32