Categorías: Actualidade

Constituído o Grupo Territorial “Socialistas de Galicia” no Senado

César Mogo: “Queremos que a voz dos galegos sexa escoitada sen, por elo, caer no vitimismo que practica a dereita en Galicia en lugar de dedicarse a gobernar

O senador por Lugo e portavoz adxunto do Grupo Socialista será o coordinador do Grupo e o senador por A Coruña, Xosé Sánchez Bugallo, actuará como vicecoordinador.

Dentro do Grupo Parlamentario socialista na Cámara Alta, quedou constituído no Senado o Grupo Territorial “Socialistas e Galicia”, que estará composto por catro membros.

O senador por Lugo e portavoz adxunto do Grupo Socialista, César Mogo, será o coordinador do Grupo e o senador por A Coruña, Xosé Sánchez Bugallo, actuará como vicecoordinador.

Formarán tamén parte deste Grupo o senador por Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, e a senadora por Pontevedra, Carmela Silva.

Unha vez constituído o Grupo, Mogo amosou a súa satisfacción pola creación do mesmo, e subliñou que coa súa constitución preténdese que, de facto, o Senado se converta nunha cámara de representación territorial onde levar e debater as iniciativas dos territorios.

“Queremos que a voz dos galegos sexa escoitada”

“Queremos que a voz dos galegos sexa escoitada sen, por elo, caer no vitimismo que practica a dereita en Galicia, en lugar de dedicarse a gobernar”, subliñou.

Neste sentido, César Mogo fixo fincapé en que “os socialistas galegos vamos traballar de xeito construtivo para traer os intereses dos cidadáns da nosa terra a esta Cámara”. “Para elo, engadiu, desenvolveremos iniciativas co obxectivo de mellorar as infraestruturas e promover a industria, así como afrontar o gran desafío dos galegos para esta década que é o despoboamento do mundo rural”.

Por último, o senador socialista asegurou que “outra das nosas prioridades é impulsar o desenvolvemento e mellorar a calidade de vida da cidadanía: as súas prestacións, as súas pensións e a rede pública que debe ofrecer seguridade aos galegos e galegas”.

Composición e funcións

A constitución dos grupos territoriais está prevista no artigo 32.1 do Regulamento do Senado, segundo o cal “dentro dos grupos parlamentarios que se compoñan de senadores elixidos no territorio ou polas asembleas lexislativas ou órganos colexiados superiores de dúas ou máis Comunidades Autónomas, poderán constituírse grupos territoriais”.

Así mesmo e segundo o artigo 32.2 do dito regulamento, “cada grupo territorial estará integrado, a lo menos, de tres senadores elixidos polo electorado do territorio designado pola asemblea lexislativa ou órgano colexiado superior da Comunidade Autónoma respectiva”.

Por último, e no referente á súa participación nas sesións plenarias, o artigo 85 establece que “nos debates do Pleno da Cámara sobre cuestións que afecten de modo especial a unha ou máis Comunidades Autónomas, o Presidente, de acordo cos portavoces dos Grupos Parlamentarios respectivos, ampliará o número de quendas de Portavoces fixado en cada caso polo regulamento a efectos de que poidan intervir os representantes dos Grupos Territoriais afectados”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56