Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista propón á Xunta que incremente as aportacións para o SAF ordinario e que asuma o copago das persoas usuarias

Marina Ortega lamenta que o goberno galego “saia dando titulares como que agasalla horas do SAF aos concellos” cando “engana á opinión pública” e “practica o método: Eu convido, ti pagas”

A voceira de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, vén de propor á Xunta aumentar as aportacións da administración autonómica para Servizo de Axuda no Fogar (SAF) ordinario, así como a eliminar o copago das persoas usuarias para “que sexa asumido pola administración”. Fíxoo, hoxe no Parlamento, durante a presentación dunha proposición non de lei, que foi rexeitada polo PP.

“O goberno galego sal dando titulares como que agasalla horas do SAF aos concellos e veciñanza, cando en realidade o que está a practicar cos concellos é o método: Eu convido, ti pagas”.

Ortega lembrou que o 11 de abril a Xunta anunciou un SAF extraordinario “para responder a situacións de emerxencia durante o tempo da alerta sanitaria causada pola covid”, nese momento, “comprometeuse a asumir o custe dos mesmos, aumentando a súa cota por hora a 12 euros, e asumindo o copago” do servizo.

Pola contra, no caso do SAF ordinario, a Xunta “paga como moito a 9 euros á hora e aforra o copago que recae nas persoas dependentes”, sinalou a socialista, quen pediu a Xunta que equipare os termos do servizo ordinario cos do extraordinario.

A responsable socialista incidiu en que “para o bo funcionamento” do SAF “só cabe que a Xunta aumente a aportación que lle corresponde e libere aos concellos dunha carga inasumible para as arcas municipais”, tendo en conta “o esforzo que os concellos fixeron asumindo competencias impropias en moitos casos para que ninguén quedase atrás nunha crise de tanta envergadura”.

Nesta liña, Ortega lembrou que as competencias sobre o servizo recaen directamente sobre a Xunta de Galicia, xa que “a lei 39/2006 fai responsable” á administración autonómica da planificación xeral deste servizo, co que esixiu ao goberno galego que deixe de “afogar aos concellos”.

MATERIAL DE PROTECCIÓN PARA O SAF: “É INACEPTABLE QUE AS AUXILIARES TRABALLEN SEN FFP2”

No contexto da pandemia da covid, Ortega urxiu a posta a disposición dun “enlace provincial con Sanidade” para facer cribados e axilizar os rastrexos. Ademais, instou á Xunta a dotar ao sector de material de protección para evitar a propagación do virus, xa que “é inaceptable que as auxiliares traballen sen FFP2”.

Doutra banda, Ortega pediu un “impulso e reforzo do SAF”, baseado na coordinación con axentes sociais e administracións locais; a “reformulación do servizo” con máis profesionais e “dentro dun novo concepto global de atención aos nosos maiores e persoas dependentes”; así como máis formación para a incorporación de máis profesionais ao servizo.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18