Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista presentou este ano máis de 6.000 iniciativas parlamentarias para reforzar os servizos públicos e apoiar aos sectores máis afectados pola crise

Pablo Arangüena denuncia as “malas prácticas” e a “cerrazón” do PP ao rexeitar o 96 % das propostas socialistas

O vicevoceiro socialista critica que Feijoó manteña a Galicia “paralizada pola súa inacción e a súa falta de rumbo”

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2021. O Grupo Socialista presentou “neste ano marcado pola pandemia” un total de 6.256 iniciativas parlamentarias para “reforzar os servizos públicos” e “facer fronte á pandemia poñendo todos os recursos e capacidades da Xunta ao servizo dos sectores máis afectados pola crise”.

Así o explicou o viceportavoz Pablo Arangüena, quen puxo de relevo o “moi intenso traballo” do grupo parlamentario fronte a “cerrazón” do PP, que “di que dialoga moito pero a realidade é que rexeitou o 96 por cento das propostas socialistas”. E iso, incidiu, “a pesar de que, a diferencia doutras forzas, nós facemos propostas serias e viables”.

Arangüena contrastou esta situación coa oposición que está a facer o PSdeG, “moito máis leal que o PP a nivel nacional”. “A proba”, afirmou, “é que asumimos cada unha das decisións sanitarias respaldadas polo comité clínico sen discutilas nin facelas obxecto de refriega política”.

Fronte a esta actitude, Arangüena incidiu na “asombrosa capacidade que ten Feijoo para levar a contraria sexa o que sexa o que diga o goberno de España”, o que nun momento de pandemia constitúe unha “grave irresponsabilidade”.

GALICIA PARALIZADA POR FEIJOÓ

Por outra banda, o viceportavoz do Grupo Socialista recordou que “o goberno do Estado puxo xa en mans da Xunta arredor de 1.800 millóns de euros extra nesta pandemia”, unha financiación adicional que o goberno galego “non pode aproveitar para facer caixa porque non é o momento de cadrar as contas, senón de salvar ás persoas”.

Por iso, insistiu en que “estamos nun novo tempo e nunha nova situación que require novas formas de facer política”. Polo tanto, subliñou, “Feijóo non pode seguir facendo as mesmas cousas, porque iso implica manter a Galicia paralizada”, o que achacou á súa “inacción e falta de rumbo”.

MALAS PRÁCTICAS PARLAMENTARIAS DO PP

Ademais, Arangüena denunciou as “malas prácticas parlamentarias” por parte do PP. Así, lembrou que o presidente do Parlamento “manipulou os tempos para sacar adiante a votación la lei da universidade privada de Abanca”, entre outras cuestións.

Outro exemplo é a comisión de investigación do proceso de fusión das caixas galegas, que “non moveu un papel” e se converteu nunha “pantomima” a pesar de que un auto da Audiencia Nacional estableceu que “sen a intervención da Xunta, unha das dúas caixas podía terse salvado”.

Tamén recordou que a Xunta leva sen exercer as súas competencias en materia de política industrial máis dunha década. Agora “reclamámoslle á Xunta que lidere e non desaproveite a ocasión histórica que representan os fondos Next Generation e que deixe de seguir xogando ao victimismo e enganando a Galicia”, finalizou Pablo Arangüena.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04