Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista insta á Xunta a incrementar ata o 1,5% do PIB galego o investimento en I+D+i en dous anos

Leticia Gallego reclama un “novo e ambicioso” plan galego de I+D+i cunha “maior dotación orzamentaria” que permita duplicar o gasto e situar a Galicia na media española

A portavoz de I+D+i do Grupo Socialista, Leticia Gallego, vén de instar á Xunta, a través dunha proposición non de Lei levada ao Pleno do Parlamento a incrementar ata o 1,5% do PIB galego o investimento en I+D+i en dous anos. Gallego reclamou un “novo e ambicioso” plan galego de nesta área cunha “maior dotación orzamentaria” que permita duplicar o gasto e situar a Galicia na media española.

Gallego instou a incrementar a porcentaxe de inversión nesta área “a fin de pasar do 0,9% actual ata o 1.5% do PIB nos vindeiros dous orzamentos”. A responsable socialista propuxo empregar parte dos fondos de reconstrución a “proxectos ligados á transformación dixital e tecnolóxica da nosa economía e proxectos tractores para activar o cambio do modelo produtivo”, xa que “irremediablemente, a aposta pola I+D+i será a aposta polo futuro do país”.

A socialista incidiu en que “só aumenta a inversión privada en I+D+i cando previamente aumenta de forma sostida no tempo a inversión pública”. Por iso, urxiu a pór en marcha “mecanismos que incentiven a participación privada no sistema xeral de innovación, de xeito que se avance cara a alcanzar esa cifra do 1,5% do Produto Interior Bruto”.

“Despois de tres lexislaturas deste goberno do PP, ten habido tempo máis que suficiente para darse de conta do erro económico e social que ten suposto non apostar polo I+D+i”, aseverou. Así, subliñou que “Galicia non debe nin pode quedar atrás”.

Doutra banda, Gallego lamentou que o Plan Galicia Innova 2020 da Xunta ademais de “resultar insuficiente e carecer de contido á altura dos retos” do sector ante a pandemia da covid, “non cumpe os obxectivos”. Así, tamén instou á Xunta a establecer “unha política industrial realista e con visión de futuro”, que permita que Galicia teña “a oportunidade de gañar o seu futuro no escenario da Industria 4.0”.

Por último, a responsable socialista propuxo reducir as cargas burocráticas “que lastran a realización de proxectos de investigación”; incrementar o número de contratos predoutorais e posdoutorais; e “dotar de estabilidade” á carreira investigadora.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41