Categorías: Actualidade

Noelia Otero esíxelle á Xunta que remate coa reparación das cubertas do CEIP Froebel de Pontevedra, pendente dende o ano 2010

A portavoz de Educación do Grupo Socialista, Noelia Otero, reclamoulle hoxe á Xunta que remate de inmediato coa reparación das cubertas do centro escolar Froebel de Pontevedra, un dos centros de infantil e primaria de referencia na cidade. Otero presentou unha pregunta na Comisión de Educación do Parlamento na que lembrou que a obra leva adiada dende o ano 2010.

Otero sinala que a situación de humidades e de goteiras que vive o centro dende hai anos polas deficiencias na cuberta “é insostible”, e ten derivado nunha situación “inconcibible” cun centro de ensino público “cheo de cubos polas goteiras cada vez que chove”. O problema remóntase a xaneiro do ano 2010, cando algunhas das pranchas do falso teito das aulas de 3 a 4 anos desprendéronse pola acumulación de augas.

A raíz daquel “susto no que por sorte non houbo que lamentar danos persoais”, e as mobilizacións intensas esixindo unha actuación no centro, a Consellería de Educación aprobou en 2010 un proxecto de reforma do CEIP previsto cun investimento de 1,8 millóns de euros, que logo de diversos adiamentos segue sen estar completado.

As actuacións non comezaron ata o ano 2018, previa folga convocada pola Anpa do centro en 2015 diante do desleixo do goberno galego. Sen embargo, actualmente aínda resta por executar a terceira fase, programada cun custe de 800.000 euros para reparar a cuberta principal, modernizar os servizos e a mellora dos pavimentos.

Esta cuberta, explica, cubre o patio principal da escola, que tamén se usa de ximnasio e os corredores que dan ás aulas, e que cada vez que chove quedan sementados de cubos por mor das goteiras.

Lamentou que a falla de interese do goberno galego demostra que o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, anunciado como unha muda radical do concepto de centro escolar en canto a deseño e intervención “en realidade é fume cando ten pendentes actuacións tan básicas e esenciais como a substitución dunha cuberta que leva máis dunha década filtrando auga”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38