Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista empraza á Xunta a rectificar a supresión de 96 prazas de docentes de infantil e primaria para este curso

Noelia Otero reclámalle ao goberno galego que asuma o gasto en libros de texto e material no ensino obrigatorio e recupere a gratuidade universal de libros de texto nos próximos orzamentos

A portavoz de Educación do Grupo Socialista, Noelia Otero, vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que rectifique na súa decisión de suprimir 96 docentes en educación infantil e primaria no curso que comeza hoxe. Otero reclámalle ademais ao goberno galego que asuma o custe de libros de texto e material e recupere o modelo de gratuidade universal nos próximos orzamentos.

Otero censura a supresión de preto dun cento de docentes logo de que a Xunta eliminara este curso 32 unidades de educación infantil e outras 35 en primaria, segundo publican no DOG. Denuncia que “unha vez máis para a Consellería de Educación priman unicamente os motivos económicos e amosan o constante desleixo co rural e co ensino público”, continuando cun recorte sistemático curso a curso que desta volta afecta a Fene, Vila de Cruces, Marín ou Vilagarcía.

A eliminación de unidades deste ano súmase ao peche de máis de duascentas escolas unitarias na última década por decisión dun goberno que pecha ou integra centros de educación infantil sen ter en conta as consecuencias para as veciñas e veciños das localidades e vilas afectadas.

Lamenta que o descenso da natalidade e o consecuente descenso de matriculación en zonas rurais do país non teña unha resposta política seria en materia demográfica ou na aposta polos servizos educativos de calidade. Porén, engade, “unicamente está a servir de escusa para suprimir servizos no rural, suprimir postos de traballo de docentes e, en definitiva, recortar investimento en recursos humanos e económicos no eido do ensino”.

A parlamentaria socialista reclámalle ao goberno galego que rectifique a supresión de postos docentes para recuperar os cadros docentes do curso anterior, e ademais “abrir un diálogo no seo da Mesa Sectorial de Educación para avaliar e acordar as necesidades de cadros docentes para este curso e o impacto do peche de unidades de infantil e primaria”.

Libros de texto

Noelia Otero reclámalle ademais ao goberno galego que cubra co gasto en libros de texto e material no ensino obrigatorio para o curso que comeza, e que inclúa nos vindeiros orzamentos a recuperación da gratuidade universal dos libros de texto e material escolar no ensino obrigatorio. Ese modelo, implantado polo goberno presidido polo socialista Pérez Touriño, fora substituído polo PP en 2009 por un modelo de axudas parciais “ineficaz e insuficiente”.

O modelo actual, rexeitado polas Anpas, sindicatos e a comunidade educativa, resulta “inxusto, ineficiente economicamente, máis custoso que o modelo de préstamo universal, e ademais non cubre as necesidades da totalidade das familias galegas”. Esta ineficiencia chega ao punto de obrigar a organizar, coa colaboración dos concellos, da achega de fondos ao banco solidario para aumentar os préstamos e compensar o desleixo da Xunta de Galicia.

Otero considera “inaceptable” a “hipocrisía constante” amosada polo PP no actual contexto de crise “reclamando máis fondos ao Estado cando mantén un sistema insuficiente. Ademais, lembra, Galicia vén de recibir para este curso máis de 3 millóns de euros do Estado destinados a financiar a compra de libros de texto e materiais didácticos, como parte dos 58,5 millóns de euros aprobados polo Consello de Ministros para tódalas comunidades autónomas xa no mes de xuño.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04