Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista critica que os Orzamentos da Xunta non sirvan para cambiar o modelo produtivo e reforzar o Estado do Benestar

Rodríguez Rumbo denuncia que os concellos “son os grandes damnificados” dos Orzamentos da Xunta

Aplaude “as achegas do Estado e da Unión Europea” que permitiron un incremento do orzamento en Galicia de 1.575 millóns de euros “para que ninguén quede atrás”

A responsable de Orzamentos do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, criticou que os Orzamentos da Xunta non sirvan para cambiar o modelo produtivo e reforzar o Estado do Benestar. Rodríguez Rumbo, que interveu trala comparecencia do conselleiro de Facenda no Parlamento para explicar os Orzamentos 2021, denunciou que os concellos “son os grandes damnificados” das contas da Xunta.

Neste senso, a responsable socialista sinalou que, malia que o orzamento consolidado medra un 13,3% con respecto a 2020, as transferencias locais diminúen un 8,12%, o que supón 11,4 millóns de euros menos para as administracións locais.

“Durante 11 anos, a Xunta incrementou as competencias dos concellos galegos, sen achegarlles recursos para o seu desenvolvemento”, aseverou. Ademais, Rumbo denunciou que “8 ou 9 de cada 10 concellos que asinan convenios coa Xunta son gobernados por dirixentes do PP” e, nese senso, instou a dotalos de recursos suficientes para desenvolver as súas políticas “independentemente da súa cor política”.

Rodríguez Rumbo lamentou a perda de peso relativo da partida de Sanidade, que malia incrementarse, “sobe menos que o incremento global do propio orzamento”. Ademais, denunciou que a Atención Primaria, “un dos programas que todos os expertos apuntan como máis necesarios”, “só medra un 7.46%, o que supón un 44% menos do que se incrementan as contas no seu conxunto”.

Así, a responsable socialista sinalou tamén que, pese a que partida de Educación “se incrementa un 6,7%” no seu conxunto, “medra a metade do que se incrementa o orzamento global”. Por último, lamentou que as contas continúen a senda “do esmorecemento do rural”, xa que esta partida “é unha das que menos medra”.

“AS ACHEGAS DO ESTADO E DA UE”

Rodríguez Rumbo aplaudiu que “as achegas do Estado e da Unión Europea” permitiron un incremento do orzamento en Galicia de 1.575 millóns de euros. Así, “fronte as políticas de Mariano Rajoy, baseadas na austeridade, por fin temos un goberno que non quere deixar a ninguén atrás e decide pór todos os recursos ao servizo de todas as comunidades autónomas”, incluída Galicia.

Neste senso, a socialista criticou que as forzas da oposición “boicotearon” o acordo de Orzamentos Xerais do Estado en Madrid. Así, destacou que o PP “antepón a rifa partidista antes de atender ás necesidades das persoas” e que o BNG “se exclúe na negociación, con tacticismos, sen importarlle nada a repercusión dos Orzamentos Xerais do Estado no noso territorio”.

Rodríguez Rumbo sinalou que o Ministerio de Facenda “blindou os recursos do sistema de financiamento autonómico para amortecer a caída de ingresos derivada da covid” con dúas transferencias extraordinarias do Estado, “asumindo a metade da marxe de déficit da comunidade” e dotándoa de maiores recursos.

“FALLA DE CONSENSO” NA ELABORACIÓN DOS ORZAMENTOS DA XUNTA 2021

A responsable socialista criticou a falla de diálogo coa oposición, xa que “pese a que fala de orzamentos de consenso, man tendida e diálogo”; a Xunta “en ningún momento chamou ao Grupo Socialista para consensuar as contas”. Ademais, lamentou que “anuncian 108 proxectos fantasma” para captar investimentos Fondos Extraordinario da UE, “uns proxectos que ninguén coñece” que carecen de “diálogo” e “pacto”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41