Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista apoia que compareza o conselleiro de Medio Rural e esixe tamén explicacións a Medio Ambiente

A portavoz da área de montes Carmen Rodríguez Dacosta quere que se rendas contas polas medidas tomadas para protexer espazos como O Invernadoiro, Enciña da Lastra ou O Courel

A deputada socialista Carmen Rodríguez Dacosta apoiou este xoves na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia a petición para que compareza o conselleiro de Medio Rural co fin de dar explicacións sobre os incendios forestais do Courel e Valdeorras. A portavoz da política forestal dos socialistas esixiu tamén que compareza a responsable autonómica de Medio Ambiente polos graves danos provocados polos lumes nos espazos naturais protexidos.

Durante a súa intervención na sesión da Deputación Permanente do Parlamento, Rodríguez Dacosta sinalou que a conselleira de Medio Ambiente ten que dar explicacións ante a queima de dous parques naturais, como son O Invernadoiro e a Serra da Enciña da Lastra, e unha zona de especial conservación como é O Courel. Reclamou que se rendan contas sobre actuacións que se están a levar nestes espazos e denunciou que a conselleira de medio ambiente estivo “desaparecida” e “agochada” ante o que calificou como unha “barbarie”.

Igualmente os socialistas anunciaron o seu respaldo á petición de comparecencia do conselleiro de Medio Rural. Pediron que o responsable autonómico da política forestal indique con canto persoal contaba o operativo de prevención e defensa contra incendios cando se iniciaron os lumes. Remitiuse ás denuncias de UXT, CC OO e CIG de “falla de medios humanos e materiais” ante a ola de incendios, así como situacións de abuso laboral para os brigadistas.

A socialista inquiriu que son os propios efectivos os que falan de “descontrol, desastre e colapso” ante a xestión da consellería de Medio Rural. Tamén denunciou que “o monte non estaba preparado para o que se lle viña enriba” pola falta de medidas preventivas leva sendo unha constante durante a última década de goberno do PP. A pregunta que lle fixo ao conselleiro o grupo socialista é o porque non mudaron as políticas ante todas as advertencias de colectivos moi diversos.

Dacosta tamén pediu que o conselleiro dera explicacións ante a falta de asunción de medidas para reformular o sistema de prevención, ante a “constante desmantelación” de servizos no rural e por que motivo segue dedicando o 80% dos cartos a extinción e o 20% a prevención, cando hai consenso na maior importancia das medidas preventivas.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08