Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que “un de cada tres concellos do noso país camiña cara a desaparición”

Martín Seco critica a proposición de lei de Recuperación da Terra Agraria de Galicia, presentada polo PP, xa que “de pouco vai servir” cando a Xunta “continúa a quitar servizos no noso rural”

O voceiro de Medio Rural do Grupo Socialista, Martín Seco, vén de criticar o “desleixo” da Xunta co rural cando “un de cada tres concellos do noso país camiña cara a desaparición”. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento, durante o debate de toma en consideración da proposición de lei de Recuperación da Terra Agraria de Galicia, presentada polo Grupo Popular e que contou coa abstención do PSdeG.

“De pouco van a servir leis como a que traen hoxe a consideración se continúan a quitar servizos no noso rural, cunha educación e unha sanidade cada vez máis precaria; con menos servizos sociais e de atención aos nosos maiores”, reivindicou o socialista.

Nesta liña, incidiu en que Galicia “ten un grave problema co abandono de terra agraria” porque malia “denominar ás lexislaturas como as do rural”, levamos “12 anos perdidos” co goberno de Feijóo.

“En Galicia xa existen máis de 2.000 núcleos abandonados, máis de 10.000 aldeas con menos de 10 veciños, un terzo das que ten toda Galicia”, lembrou o socialista. Por iso, Seco recalcou que “é necesario poñer en funcionamento mecanismos e instrumentos para mobilizar terreo agrario e loitar contra o abandono”, dotándoos de financiación.

Neste senso, incidiu en que “por moita lei que escribamos, dificilmente imos a conseguir nada sen o necesario compromiso orzamentario que necesita a súa posta en funcionamento”. Así, subliñou que, para que a lei “sexa crible”, é preciso un “acompañamento orzamentario” á mesma.

O responsable socialista compartiu as palabras críticas do alcalde de Friol, do PP, sobre a política da Consellería de Medio Rural nas que aseguraba “que o campo está para poucos experimentos e escaparates, como o Gaiás de Sergude, que consumen millóns do orzamento cando se necesitan para actuar e para recuperar a actividade agraria”.

Por último, Seco criticou a “fórmula empregada para lexislar” pola Xunta con esta iniciativa, xa que, en vez de ser o propio goberno galego quen presentase un proxecto de lei, “utiliza con demasiada frecuencia” as proposicións de lei do Grupo Parlamentario para “acortar prazos” e eludir os controis xurídicos como os “informes preceptivos” do Consello Económico e Social, do Consello Agrario ou da Asesoría Xurídica do Gabinete de Desenvolvemento Lexislativo.

Así, cualificou o procedemento coma unha “falla de respecto á Cámara galega e a todos os grupos que participan na comisión”, o que “semella eticamente reprobable e legalmente de difícil acomodo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04