Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que a Xunta “deixa abandonada á cidadanía” fronte á situación sanitaria “máis crítica que se lembra” en Galicia

Julio Torrado ve ao conselleiro de Sanidade “desorientado” renunciando a convocar máis de 100 prazas MIR este ano e rexeitando un plan de choque para reforzar a atención primaria

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou hoxe ao conselleiro de Sanidade de “deixar abandonada á cidadanía” porque teñen “decidido que o problema sanitario non vai con vostedes”. O responsable socialista interveu na comparecencia do conselleiro de Sanidade no Parlamento para acusalo de estar “desorientado” fronte á situación “máis crítica que se lembra” na atención primaria galega.

Torrado lamentou que o conselleiro empregara a comparecencia de hoxe para falar unicamente dos programas de prevención de saúde pública para presentar “refritos” de “plans xa anunciados e incumpridos” cando para este ano teñen orzamentado 5 veces menos que antes da pandemia no programa de protección e promoción da saúde pública.

Lembrou que este programa pasou de contar con 75 millóns de euros en 2019 a apenas 15 en 2023, mentres o goberno galego ten renunciado este mesmo ano a convocar o 40 por cento das prazas MIR en Medicina Preventiva e Saúde Pública dispoñibles.

O responsable socialista lembrou que o PP e o goberno galego rexeitaran de plano a proposta do Grupo Socialista para encetar un plan de choque para mellorar a capacidade diagnóstica do sistema sanitario galego. Alertou de que a capacidade diagnóstica se ten reducido entre un 10 e un 20 por cento durante a pandemia, pero o goberno galego negouse a poñer en marcha un Plan de Diagnóstico Avanzado.

Sinalou o perigo dun diagnóstico tardío en oncoloxía, pero lembrou que o goberno galego ten renunciado este mesmo ano a convocar o 25 por cento das prazas de oncoloxía dispoñibles. Torrado lamentou que o conselleiro falara hoxe da revisión sanitaria de establecementos de tatuaxes e piercings e dos baños públicos, “que está moi ben, pero non mencionan nada da presenza de gas radón en Galicia, a segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaquismo”.

Apuntou que os galegos e as galegas están “preocupados por que non teñen cita no Centro de Saúde ou do retraso moi longo na cirurxía ou da atención hospitalaria”, e criticou que “renuncia a ser conselleiro de sanidade da maior parte do sistema para vir falar dunha área á que lle dedican 5 veces menos orzamento que en 2019”.

MIR

Torrado criticou que o goberno galego deixara sen convocar máis de 100 prazas MIR dispoñibles este ano “sen que ninguén dera unha explicación”, mentes o conselleiro atende impasible á situación crítica da sanidade galega. Explicou que a sanidade galega está na cola de España en recursos, recibe renuncias dos responsables sanitarios “de forma habitual”, ten áreas sanitarias con “gravísimos problemas”, como Pontevedra – Salnés ou Santiago, e as urxencias “saturadas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08