Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista alerta da baixada de diagnoses de cancro por mor da pandemia: “Estamos perdendo a capacidade de facer o máis eficiente, a detección precoz”

Critica o veto do PP a unha iniciativa que “só solicita un informe” para “poñer o foco sobre a perda de capacidade asistencial”

Aplaude o acordo parlamentario para impulsar a creación da nova especialidade de ‘Medicina de Urxencias e Emerxencias’ ao considerala unha “reivindicación lexítima, histórica e boa para o sistema de saúde”

O responsable de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, alertou da baixada de diagnoses de cancro por mor da pandemia. Fíxoo, hoxe, trala presentación dunha proposición non de Lei no Pleno do Parlamento, que foi rexeitada polo PP.

Torrado sinalou que “malia que os servizos oncolóxicos funcionan ben”, os especialistas alertan de que “estamos perdendo a capacidade de facer o máis eficiente, a detección precoz” do cancro. Así, subliñou que “hai un problema que ten que ver co reducido nivel de diagnose deste ano con respecto a outros”, o que supón que “estamos tardando máis que noutros tempos en detectar” e “en tratar”, co que existe “unha perda de oportunidade nos pacientes”.

O responsable socialista destacou que isto deriva “nunha perda de capacidade asistencial, por comezar máis tarde a tratar o problema, e cando a enfermidade xa está nun estado máis avanzado”. Malia que destacou que “aínda non hai datos concretos”, Torrado sinalou que os especialistas “están falando de que nos vindeiros dous ou tres anos, podería haber un incremento da mortalidade dun 10 ou 20% máis nos cancros que se poderían ter diagnosticado este ano”.

Torrado, quen remarcou que “isto non é culpa de ninguén”, instou ao goberno galego a realizar un informe “que avalíe o volume de diagnoses e a capacidade asistencial” dos servizos de Oncoloxía do SERGAS durante 2020, co obxectivo de comparar e ofrecer conclusións “sobre a existencia, ou non, de indicios que poidan suxerir alteracións na detención precoz”.

Nesta liña, destacou que a iniciativa pretende “poñer o foco” nesta problemática, “avaliar datos para coñecer a afectación da covid sobre as diagnoses oncolóxicas” e “resolver o problema, se o hai”. Así, remarcou que estamos a falar do que algúns profesionais consideran xa como “a pandemia postcovid”, que fai alusión “a aquelas problemáticas ás que agora non se lles está dedicando suficiente atención”.

O responsable socialista urxiu á Xunta a “non abandonar o nivel de autoesixencia do sistema”, xa que “non estamos no primeiro nin no segundo mes de pandemia”, polo que a covid “non é xa unha xustificación”.

Por último, Torrado criticou a perda de peso relativo da Sanidade nos orzamentos e avanzou que o Grupo Socialista presentará unha emenda aos orzamentos da Xunta para elevar as partidas destinadas a mellorar a capacidade de diagnose, xa que “non debemos perder corda naquilo que tiñamos unha posición avanzada”.

NOVA ESPECIALIDADE DE ‘MEDICINA DE URXENCIAS E EMERXENCIAS’

Doutra banda, Torrado aplaudiu o acordo parlamentario para impulsar a creación da nova especialidade de ‘Medicina de Urxencias e Emerxencias’, unha reivindicación “lexítima, histórica e boa para o sistema de saúde” que se plasmou, hoxe, a través dunha proposición non de Lei conxunta e aprobada por unanimidade no Pleno.

O responsable socialista lembrou que este debate “vén de longo”, tras máis de 10 anos demandándoo, “especialmente dende o Congreso dos Deputados”, onde xa se presentara unha proposición non de Lei por parte do PSOE durante a novena lexislatura. Sen embargo, lamentou que, dende 2011 ata 2018, coincidindo co goberno de Mariano Rajoy, se produciran “cero avances” nesta demanda.

Torrado cualificou de “boa noticia” as palabras do ministro de Sanidade, Salvador Illa, quen asegurou este ano que o Real Decreto para regular a especialidade “está próximo a ser aprobado”. Así, o socialista recalcou que os profesionais de urxencias “realizan un traballo encomiable e resolven problemas de moita gravidade”, polo que “estamos a favor desta proposta e celebramos que poida saír adiante”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18