Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista acusa á Xunta de non facer “nada” para preparar a transición enerxética logo de 13 anos “durmidos nos loureiros”

Begoña Rodríguez Rumbo critica que o goberno galego estea “sentado a ver como pasa o tempo” mentres outras autonomías “aproveitan as potencialidades” para desenvolver enerxías renovables

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2022. A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, lamentou hoxe o desleixo do goberno galego a prol da transición enerxética logo de levar os últimos 13 anos “durmidos nos loureiros”. Así o dixo na comparecencia do director xeral de Planificación Enerxética para informar sobre a Axenda Enerxética 2030, pero sen explicar “que van facer, como van facer nin cales son as medidas que pretenden executar”.

Rodríguez Rumbo criticou a opacidade do goberno galego, que solicitou a comparecencia de hoxe sen entregar a documentación no Parlamento, unha mostra, dixo, de que “plasman as súas ideas no papel, pero cando teñen que traballar non fan nada: moito pico e pouca pala”. Lamentou que presenten un discurso triunfalista sen base que acredite as medidas que debería ter posto en marcha o goberno galego.

Ao remate da comparecencia, a responsable socialista viuse obrigada a reclamar pola vía formal do artigo 9 do Regulamento do Parlamento a dita Axenda Enerxética de Galicia con recursos e prazos, ademais dos eixos e medidas previstas polo goberno galego, diante da negativa do goberno galego a achegar a información.

Rodríguez Rumbo debullou a un goberno galego “sentado a ver como pasa o tempo” mentres contemplan como outras comunidades autónomas si que aproveitan as súas potencialidades para desenvolver as enerxías renovables “mentres Galicia non ten feito nada”. Sinalou que a Xunta respondeu con pasividade mentres o goberno do Estado aprobaba en maio de 2021 a Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética e o Plan Integrado de Enerxía e Clima.

É o caso, sinalou, do fiasco do desenvolvemento eólico perpetrado pola Xunta de Galicia, que vén de pedir un novo aprazamento para os 100 puntos de conexión dos que dependen boa parte dos proxectos de enerxía eólica e que ían caducar o próximo 23 de xaneiro logo de 5 anos paralizados. Reclamoulle ao goberno galego que no canto de ter aos promotores agardando durante anos, designen aqueles que sexan inviables para permitir que se retiren.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08