Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista acusa á Xunta de boicotear a dixitalización de Galicia

Leticia Gallego denuncia que o goberno galego paraliza as partidas entregadas polo Estado para xestionar o Programa Único Bono Social ao tempo que reduce en 12 millóns a partida de dixitalización en plena transformación dixital

A portavoz de I+D+i do Grupo Socialista, Leticia Gallego, acusou hoxe á Xunta de boicotear a imprescindible dixitalización de Galicia. Gallego presentou unha iniciativa parlamentaria na que denunciou a redución drástica das partidas para a dixitalización de Galicia por parte do goberno galego, que está a bloquear o Programa Único Bono Social de axudas para a conectividade que financia o Estado e xestiona a Xunta de axudas.

A responsable socialista alertou de que o desleixo do goberno galego fixo que o Programa Único Bono Social, destinado á mellora da banda larga nos fogares con menos recursos, só fora concedido a 98 fogares dos máis de 5.700 inicialmente previstos, menos do 2 por cento do total. Denunciou o “nulo interese que puxo a Xunta de Galicia para que estas axudas chegaran ás persoas máis vulnerables”.

Explicou que o Bono Social é unha das tres liñas do Programa Único que executa o goberno galego cun total de 10,5 millóns de euros de fondos transferidos dende o Estado dentro do Plan de Recuperación. Esixiulle á Xunta que responda dos esforzos do goberno central “para que a dixitalización chegue a toda Galicia”, e reclamoulle que “colaboren, dialoguen e se comuniquen coas outras administracións”, en lugar de botar balóns fora.

Sinalou o esforzo do goberno de España para a dixitalización, que coas dúas primeiras convocatorias Único – Banda Ancha de 2021 e 2022 prevé permitir a conexión a internet de alta velocidade de 226.725 fogares e empresas de Galicia, cun investimento global de 107 millóns de euros. En total, o goberno de Pedro Sánchez destinou 700 millóns de euros en dous anos, multiplicando por sete os 100 millóns de euros orzamentados por Rajoy en 8 anos, dos que só executou 20.

Dixitalización

A responsable socialista alertou de que o goberno galego ratificou o seu “escaso interese” pola dixitalización de Galicia ao reducir en 12 millóns de euros a partida para a transformación dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia -Amtega-, o que suporá “un grave atraso para Galicia. Por iso están hoxe “moi lonxe” de acadar o obxectivo da Estratexia Galicia Dixital 2030, que pasa por estender internet a 100 megas na totalidade da poboación galega.

Lamentou a “ineficacia e ineficiencia” do goberno galego diante do reto da dixitalización, que resulta “fundamental para o desenvolvemento de Galicia” e constitúe un dos retos máis urxentes aos que se enfronta Galicia debido á importancia dos datos en tódalas áreas da actividade económica e social”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08