Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista urxe á Xunta a poñer en marcha un protocolo de eliminación de cepas de viño abandonadas afectadas pola flavescendia dourada que afecta á DO do Ribeiro

Carmen R. Dacosta reclama un Plan de choque para frear a expansión desta enfermidade que afecta á Denominación de Orixe do Ribeiro e ameaza con estenderse á de Monterrei

 

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, emprazou á Xunta a poñer en marcha un protocolo de eliminación de cepas de viño nas parcelas abandonadas que estean afectadas pola enfermidade da flavescencia dourada. A responsable socialista presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Agricultura do Parlamento para reclamar un Plan de choque fronte á expansión desta enfermidade da vide que afecta á Denominación de Orixe do Ribeiro e ameaza con estenderse a Monterrei.

 

Dacosta reclamou en concreto orzamento para poñer en marcha un protocolo urxente de intervención nas cepas que estean abandonadas e que actúan como reservorio e foco de propagación desta enfermidade letal para os viñedos. Urxiu a poñer en marcha un Plan de acción que permita poñer en marcha as medidas necesarias para frear o problema antes de que se acentúe novamente coa chegada da primavera.

 

A parlamentaria socialista urxiu ao goberno galego que impoña controis máis esixentes de certificación fitopatolóxica nos viveiros para evitar que acheguen ás explotacións cepas que estean afectadas pola enfermidade. Propó ademais que o goberno galego intensifique a campaña de información en toda a cadea vitivinícola para que teñan un coñecemento claro sobre como actuar de maneira eficaz diante dunha das enfermidades máis importantes e prexudiciais.

 

Esta enfermidade, que provoca a drástica diminución da produción e a morte total ou parcial das cepas afectadas, foi detectada en Galicia no ano 2022, nos concellos de Arbo, Crecente e As Neves en Pontevedra e no de Padrenda, na provincia de Ourense. Hoxe xa se estende por Arnoia, Cortegada, Giomesende, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado e Ribadavia -en Ourense- e na Cañiza, Arbo, As Neves, Crecente, O Rosal, Oia e Tomiño na provincia de Pontevedra.

 

Advirte que esta enfermidade, que xa é endémica na Denominación de Orixe do Ribeiro -que ocupa un total de 1.300 hectáreas, da traballo a 1.200 viticultores, 90 adegas e cunha produción de 11,1 millóns de quilogramos de uva- e ameaza con estenderse á de Monterrei -que ocupa 800 hectáreas, 381 viticultores, 30 adegas e ten unha produción de 7,7 millóns de quilogramos de uva. Alerta de que as perdas poden ser cuantiosas para as familias dos agricultores que dependen destes cultivos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro: “A negativa a negociar o financiamento non sae de San Caetano, sae de Génova e consuma a traizón de Rueda a Galicia”

O secretario xeral do PSdeG acusou ao presidente galego de “baixar a cabeza ante Feijóo…

19/01/2026
  • Actualidade

O PSdeG propón crear un Observatorio da Morte Digna tras o aumento histórico dos testamentos vitais en Galicia

A iniciativa, rexistrada por Elena Espinosa no Parlamento galego, vincula o crecemento da demanda co…

17/01/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista empraza á Xunta a colaborar e corresponsabilizarse coa aplicación do acordo con Mercosur con medidas de apoio á gandería

Lara Méndez reclama “responsabilidade, rigor e firmeza” das administracións, que deben garantir a eficiencia nos…

16/01/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle a Medio Rural que levante o “bloqueo político” á nova Lei contra os incendios forestais “antes de que sexa demasiado tarde”

Carmen R. Dacosta sinala que a política contra os incendios “non se corrixe con cambios…

16/01/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa ao PP de “poñerse de perfil e mirar para outro lado” diante do problema da expansión do xabaril

Lara Méndez reclama un Plan integral de control da especie e axudas ás persoas afectadas…

16/01/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa ao PP de agochar os informes de inspección dos centros sanitarios e residenciais privados e concertados

Elena Espinosa empraza a Sanidade e Política Social a reforzar o persoal inspector e presentar…

15/01/2026