Categorías: Actualidade Secretaría Xeral

Besteiro reúnese co novo secretario xeral de UGT Galicia para analizar os principais retos laborais e sociais que afectan á cidadanía

O líder dos socialistas galegos reafirma o rexeitamento do PSdeG ás axudas a Altri e celebra que o BNG agora respalde a súa posición

Acusa a Rueda de asumir o discurso da extrema dereita fronte á reubicación de menores migrantes

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo hoxe en Santiago unha reunión co recentemente elixido secretario xeral de UGT Galicia, Cristóbal  Medeiros, na sede do sindicato. Este encontro, o primeiro tras a elección de ambos os dous responsables, serviu para analizar as principais problemáticas que afectan á cidadanía galega no eido laboral, social e económico.

Durante a xuntanza, abordáronse diversas temáticas de interese, entre elas a necesidade de reforzar a vivenda social en Galicia, garantir a seguridade laboral mediante unha maior prevención da sinistralidade, e a mellora do sistema sanitario para reducir as listas de espera. Besteiro destacou que estas problemáticas son comúns a unha ampla maioría de galegos e galegas, facendo fincapé na urxencia de actuar en defensa da clase traballadora.

Altri: un proxecto inviable que non encaixa en Galicia

En resposta a preguntas dos medios, Besteiro reafirmou a posición do PSdeG respecto ao proxecto de Altri. Subliñou que os socialistas galegos foron os primeiros en manifestar dúbidas sobre a concesión de fondos públicos a esta iniciativa e expresou a súa firme convicción de que non debería recibir axudas extraordinarias. “Non encaixa nin desde o punto de vista medioambiental nin económico, e tampouco como proxecto estratéxico para Galicia”, indicou.

Besteiro resaltou que o PSdeG leva meses denunciando a falta de viabilidade deste proxecto e celebrou que agora outras forzas políticas se sumen a esta liña de crítica. “Benvido o BNG por respaldar agora a tese que os socialistas levamos defendendo dende hai meses”, afirmou. O líder socialista subliñou que este proxecto debe ser analizado non só dende o punto de vista medioambiental, senón tamén en termos económicos e sociais, avaliando o seu verdadeiro impacto na creación de emprego e na economía galega.

Tamén puxo en evidencia as contradicións do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que inicialmente defendía con firmeza a implantación da planta e agora parece matizar a súa postura. “O que antes era un proxecto estratéxico para Galicia agora xa non parece ser tan fundamental á hora de dar cartos”, ironizou Besteiro. Ademais, subliñou que os socialistas manteranse vixilantes para que este asunto non se converta nunha nova concesión de fondos públicos a un proxecto que non encaixa cos criterios de sustentabilidade e interese estratéxico.

Inmigración: Rueda e o PP asumen o discurso da extrema dereita

Outro dos temas centrais da rolda de prensa foi a polémica sobre a reubicación de menores migrantes. Besteiro criticou a postura da Xunta e do Partido Popular, aos que acusou de asumir discursos propios da extrema dereita. “Estamos falando de persoas, de menores vulnerables. Galicia foi historicamente un pobo emigrante e non pode pechar os ollos agora ante unha crise humanitaria”, sostivo.

Neste sentido, pediu ao goberno galego que abandone a confrontación e colabore de maneira solidaria, asumindo a súa parte de responsabilidade. Lamentou, ademais, que Alfonso Rueda empregue esta situación como arma de choque contra o goberno central, en lugar de adoptar unha postura construtiva.

Coordinación entre PSdeG e UGT Galicia

Besteiro e o secretario xeral de UGT Galicia acordaron manter un contacto continuo para abordar conxuntamente os problemas que afectan á clase traballadora e ao conxunto da cidadanía galega. “Esta foi unha primeira toma de contacto, pero haberá máis encontros. Queremos traballar xuntos para impulsar propostas e solucións aos retos que temos por diante”, concluíu o líder dos socialistas galegos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle a Rueda que entregue o seu acordo secreto con Altri e aclare se haberá compensación con cartos públicos

Patricia Iglesias reclámalle ao goberno galego que rexeite o proxecto de macrocelulosa en Palas de…

13/01/2026
  • Actualidade

Ferraz ratifica a candidatura de Carmela López á Presidencia da Deputación de Lugo

A decisión foi comunicada  á secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, para o seu…

12/01/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro advirte de que o PSdeG defenderá “por todas as vías” aos concellos se Rueda non cumpre co seu financiamento

O secretario xeral do PSdeG explicou que este abandono institucional que practica a Xunta ten…

12/01/2026
  • Actualidade

O PSdeG esixe un Plan urxente e con orzamento para poñer fin ao colapso das urxencias hospitalarias en Galicia

Elena Espinosa leva ao Parlamento unha batería de iniciativas tras semanas de sobresaturación, doentes en…

11/01/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro reitera o compromiso feminista do socialismo galego e chama a articular dende os concellos a alternativa política á dereita

O comité nacional aprobou unha resolución en defensa do municipalismo e críticou a Rueda por…

10/01/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro pregunta a Rueda se vai defender 587 millóns máis cada ano para Galicia ou vaille seguir facendo o xogo a Feijóo

O secretario xeral do PSdeG destaca  que Galicia é unha das comunidades máis beneficiadas polos…

09/01/2026