Categorías: Actualidade

O Goberno galego mantén aberto o conflito cos axentes forestais e medioambientais en plena temporada de alto risco de incendios

O responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, denunciou hoxe a “irresponsabilidade absoluta” da Xunta por manter aberto o conflito laboral cos axentes forestais e medioambientais “en pleno período de alto risco de incendios”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que retome as negociacións e que foi rexeitada polo PP.

Denunciou a existencia de “elementos do goberno que buscan que non exista acordo” cos 350 efectivos asignados a Medio Rural e 150 a Medio Ambiente que xogan un papel fundamental na prevención e loita contra os incendios forestais. Advertiu que “van conseguir o deterioro dos servizos públicos a medio e longo prazo, como sucede coa Xustiza, sanidade ou tamén na prevención e extinción de incendios”.

O responsable socialista reclamou tamén o compromiso do goberno galego para modificar a Relación de Postos de Traballo –RPT- de cada distritos forestais para dotalos tamén de labores de investigación de incendios forestais. Así o dixo, subliñou, “toda vez que queda claro que non hai tramas incendiarias e que os concellos non son os culpables”, desmentindo as liñas de argumentación da Xunta logo da vaga de lumes do pasado ano.

Díaz Villoslada instou ao goberno galego a cumprir cos compromisos acadados pola conselleira de Medio Rural diante do Pleno do Parlamento. Estes afectaban á mellora das condicións en materia formativa, asignación de niveis de complemento de destino, ordenación das condicións de traballo, artellar o funcionamento da nova escala de axentes forestais ou os complementos de produtividade e ordenación de quendas nocturnas, presenciais e localizacións.

Lamentablemente, sinalou, as primeiras de negociación xa co Comité de Folga resultaron nun “absoluto fracaso” mentres a Xunta estivo “desaparecida, de vacacións” durante todo o mes de agosto. Denunciou o nulo avance nas posicións do goberno galego, logo da paralización das negociacións dende decembro de 2017, e que levou á convocatoria dunha folga o 1 de agosto.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08