Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta “medidas urxentes” para restaurar os terreos calcinados nas serras de Lobios e o Xurés

A parlamentaria Socialista Carmen Rodríguez Dacosta esixiulle hoxe á Xunta “medidas urxentes” para restaurar os terreos calcinados polo lume en Ourense e evitar “o desastre medioambiental”. Dacosta presentou unha pregunta na Comisión de Industria, para esixirlle á Xunta que cumpra coa Lei de Prevención contra os Lumes Forestais e realice os traballos “antes de que cheguen os temporais que acentúen os arrastres”.

Pediu explicacións á Xunta para que detalle as medidas que ten previsto levar a cabo para “evitar a erosión do terreo, a perda de solo e que os arrastres do lume non contaminen os ecosistemas fluviais” logo dos lumes do mes de setembro e cando as poñerán en marcha. Dacosta criticou o desleixo da Xunta, xa que “despois de máis de 15 días dende a extinción dos lumes, todos agardábamos que actuase con máis présa para evitar a contaminación dos ecosistemas fluviais”.

A responsable socialista lamentou que o goberno galego non teña feito nada logo de que o propio director xeral de Montes asegurara dende a Xunta de Galicia que “xa prevían unha forte actividade incendiaria na segunda semana de setembro”. Sinalou que a data chegou, a Xunta “incomprensiblemente” non tomou medidas de prevención nin de vixilancia, e o resultado foron 3.000 hectáreas nas serras de Lobios e O Xurés.

Agora, dixo, “vemos aos apicultores avaliando danos e buscando onde levar ás colmeas para que non morreran as abellas, vemos aos gandeiros reparando os peches e buscando pasteiros para levar ao gando, pero o que non vimos foi ao persoal da Xunta de Galicia avaliando e realizando traballos nas zonas calcinadas polo monte”. Reclamoulle que “sigan o exemplo da Confederación Hidrográfica Miño – Sil, que está a investir máis de 110.000 euros para frear os arrastres en Lobios.

Criticou que o goberno galego teña feito caso omiso ao ditame da recente Comisión sobre Incendios que traballou no Parlamento entre decembro de 2017 e xullo de 2018, cando “son poucas as medidas postas en marcha e en todo caso insuficiente”. Lamentou que “só teñan verbas para a criminalización individual”, malia que a Comisión non puidera acreditar a existencia de tales organizacións criminais.

En calquera caso, sinalou que dende que Feijóo é presidente da Xunta ten ardido a metade do Parque do Xurés, e a provincia atópase nunha situación límite polo desleixo do goberno galego. Explicou que unha cuarta parte das 60.000 hectáreas calcinadas en todo o Estado no que vai de ano corresponden a Ourense, unha provincia que rexistrou máis da metade da superficie calcinada no que vai de ano.

A socialista laiouse desta situación, tendo en conta que “este espazo natural conta cunha rede hidrográfica densa, ecosistemas en bo estado de especies de fauna e flora de excepcional interese para a conservación da natureza e biodiversidade”. E, destacou, “cun importante patrimonio natural e cultural”.

Lamentou tamén a falla de “coordinación entre a Xunta e a administración do país veciño, Portugal, en canto á especial protección e desenvolvemento no estudo das causas dos incendios que veñen tendo lugar dende 2016”. Así, recordou “o drama do lume” que ocorreu no parque natural do Concello de Entrimo en 2016 e que se repetiu este mesmo ano no parque natural do Concello de Lobios.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04