Categorías: Actualidade

O goberno galego debe cumprir coa normativa na mellora da Edar de Os Praceres

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamoulle hoxe á Xunta que adecúe a mellora urxente da Edar de Os Praceres á normativa comunitaria. A responsable socialista lamentou o veto do PP a esta iniciativa para mellorar a capacidade depuradora da infraestrutura xestionada por Augas de Galicia, neste momento sobrepasada ao ter que tratar as augas de Pontevedra, Marín, e parte de Poio, Sanxenxo, Vilaboa e Ponte Caldelas.

A responsable socialista acusou ao goberno galego unha “chapuza” coa xestión da Edar e do seu proxecto de mellora anunciando que triplicarían a súa capacidade e espazo que ocupa nos terreos contiguos esquecendo o trámite de solicitar os terreos. Vilán sinalou que o incumprimento da normativa “destapouse no momento en que cambiou o goberno, e isto é o que ocorre cando un non cumpre coa legalidade”.

Patricia Vilán explicou que ese é o motivo polo que o Ministerio de Transición Ecolóxica “nada semella saber de ningunha solicitude de ampliación da ocupación por parte da Xunta de Galicia”, ata o punto de que a propia conselleira de Infraestruturas “deixou de falar de ampliación e fala agora de mellora da estación depuradora”.

Reclamoulle ao PP e ao goberno galego que atendan ao “rexeito claro e rotundo” tanto dos veciños e veciñas como da propia Corporación Municipal de Pontevedra, que vén de aprobar por unanimidade unha moción rexeitando a ampliación da infraestrutura e solicitando a súa mellora.

A Edar ten que asumir un volume tan elevado de augas residuais, dixo, que “como consecuencia a Ría de Pontevedra vén soportando un tratamento de augas residuais excesivo, ademais de padecer unha deficiente depuración, ao non estar rematadas as redes de colectores nin as estacións de tratamento previstas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04