Categorías: Actualidade

O director xeral de Minas, imputado por presunta prevaricación coa Mina de San Finx

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, esixiulle hoxe ao goberno galego que “ofreza as máximas garantías” nas explotacións mineiras de Galicia. Vilán amosou a súa preocupación logo da imputación por un presunto delito de prevaricación relacionado coa autorización para a reapertura da Mina de San Finx, en Lousame.

A parlamentaria socialista transmitiu o seu “máximo respecto polos procedementos e as garantías xudiciais”, pero reclamoulle á Xunta que tome medidas para garantir a seguridade “non só medioambiental, senón tamén de cara á saúde pública” polo elevado risco que teñen este tipo de explotacións.

Sinalou que as imputacións que se lle fan ao goberno galego teñen que ver coa falla do informe medioambiental na autorización para a reapertura da explotación, pero tamén cunha suposta falla de control de vertidos, polo estado das balsas mineiras e con metais pesados perigosos para a saúde. Lembrou que os socialistas alertaron xa a comezos de 2017 dun vertido detectado a comezos de ano no rego de San Fins.

Engadiu ademais que “este tipo de situacións”, como é a imputación do Director Xeral de Minas do goberno galego, “resultan ademais o principal inimigo da minaría de Galicia”, e evidencian a necesidade inescusable de que o goberno galego cumpra coa súa función e garanta que as explotacións respecten escrupulosamente tódolos requisitos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41