Categorías: Actualidade

O diálogo como arma para levar Ence fora da ría

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamoulle hoxe ao goberno galego a participar nunha mesa de diálogo co goberno central, o Concello de Pontevedra, Ence e os colectivos interesados para abordar o traslado da factoría fora da ría de Pontevedra. A responsable socialista lembra que a presenza da pasteira foi prorrogada por 60 anos máis por decisión do goberno de Rajoy coa conivencia de Feijóo.

Vilán interveu, no debate dunha proposición non de Lei do BNG no Parlamento, para censurar o cambio de postura de Feijóo, que pasou de apoiar un traslado, que mesmo incorporaba aos seus programas electorais en 2009 e 2012, a “calar” cando o goberno de Rajoy modificaba a Lei de Protección do Litoral para abrir a porta a prorrogar a concesión, unha prórroga que finalmente fixo efectiva en 2016 e co goberno en funcións.

Esta decisión de prórroga, explicou, foi recorrida ante a Audiencia Nacional, e explicou que “hai que agardar a que se resolvan os procesos xudiciais” porque “pedirlle a calquera goberno que anule a prórroga é pedirlle que prevarique”. Por iso, explicou, os socialistas galegos se abstiveron na proposta do BNG para pedirlle ao goberno que revise a prórroga.

Si que aceptou a parte da proposta dirixida a desbotar a tramitación da modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal dos terreos de Ence en Lourizán e iniciar o procedemento de redacción do instrumento urbanístico ou de ordenación territorial máis acaído para restaurar os terreos que ocupa a factoría. Os socialistas non puideron votar a favor sen embargo pola negativa do BNG a separar as votacións.

Explicou que a vía xudicial é a única que queda aberta porque o requirimento do repositorio presentado polo Concello de Pontevedra ao que alude a iniciativa orixinal xa fora “desbotado” polo goberno de Rajoy.

Vilán propuxo a cambio substituír a proposta orixinal por unha emenda na que lle reclamaba á Xunta que participe na dita mesa de diálogo e que logo de resolver os procedementos xudiciais en marcha inicie o procedemento de redacción do instrumento urbanístico para recuperar o terreo e desbote ademais a tramitación da modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal dos terreos da empresa, contrario ás Directrices de Ordenación do Territorio. A proposta non foi votada finalmente de novo pola negativa do BNG a aceptar a proposta.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18