Categorías: Actualidade

O alcalde de Abadín leva cinco anos sen habilitarlle o acceso á rúa a unha veciña en silla de rodas

A Comisión de Política Social do Parlamento aprobou hoxe unha iniciativa socialista para que a Xunta se dirixa ao Concello de Abadín e lle reclame que habilite o acceso á rúa dunha xubilada en cadeira de rodas veciña de Abeledo. A parlamentaria luguesa Concepción Burgo presentou esta iniciativa na que lembra que a veciña leva pedindo unha resposta do Concello dende que hai 5 anos e medio asfaltara a vía pública bloqueándolle o acceso.

Burgo explicou que froito daquelas obras, o firme da estrada quedou 15 centímetros por riba do nivel da vivenda, cunha pendente superior ao 20 por cento, impedíndolle á veciña acceder á rúa polos seus propios medios. Sinalou a situación de “indefensión e desamparo inadmisibles” para esta veciña, que en 2013 comunicou a súa situación ao Concello, en 2015 presentou un escrito ante a Valedora do Pobo, quen lle deu a razón, sen que obtivera resposta do alcalde.

Tamén presentou unha queixa coa sinatura de máis de 50 veciños e veciñas, xunto cun informe técnico dun arquitecto, que valora a supresión da barreira en 5.600 euros, sen que tampouco motivara ao alcalde a ofrecer ningunha resposta. Burgo lembrou que, de acordo coa Lei de Accesibilidade de Galicia, a actuación é responsabilidade do rexedor municipal, representante do PP, e a Consellería de Política Social ten así mesmo a obriga de facer cumprir coa dita Lei.

Criticou que o alcalde teña “provocado de maneira deliberada” unha “represalia” de cinco anos e medio contra unha veciña particular do seu Concello, e faino responsable dunha “responsabilidade moral moi importante”. A parlamentaria socialista esixiu a restauración inmediata da “dignidade e dereitos” que merece esta veciña, e lembrou que a Lei de Accesibilidade establece sancións contra estas infraccións.

A parlamentaria socialista aceptou hoxe a proposta de transacción presentada polo PP -que retirou as alusións á dita potestade sancionadora que si que incluía a iniciativa orixinal- a fin de resolver a situación da veciña. Considera ademais “triste” que “teñamos que chegar ata aquí para que se reúna a Comisión Técnica de Accesibilidade o próximo día 11”, logo de un lustro de “calvario” e só despois de ter coñecido a iniciativa presentada polos socialistas galegos.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

– “O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao concello de Abadín para que proceda á subsanación dos efectos negativos das obras realizadas que imposibilitan o acceso a súa vivenda dunha persoa con discapacidade no lugar de Coto na parroquia de Abeledo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08