Categorías: Actualidade

Nova etapa no Valedor do Pobo

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, chamou hoxe a abrir unha nova etapa na Oficina do Valedor do Pobo logo de que a súa actual titular presentara a renuncia. Vilán instou a Milagros Otero a que “deixe de representar a unha institución” que “non pode seguir sendo danada por unha persoa que ten unha condena ás súas costas” por facerlle un posto á medida da irmá do portavoz do Grupo Popular.

Así o dixo logo de que a Valedora enviara unha carta ao presidente do Parlamento “formalizando a súa renuncia” apelando ao artigo 5.1.5ª da Lei do Valedor, que determina o cese do seu titular “por ser condenado, mediante sentenza firme, por delito doloso”. Vilán chamou a organizar o relevo no horizonte máis curto de tempo seguindo o procedemento que “marca a Lei do Valedor” para designar un novo titular.

Milagros Otero asinou esta misiva despois de que o Tribunal Supremo ratificara a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza contra ela do pasado mes de xuño por “arbitrariedade” e “desviación de poder” ao facerlle un posto á medida da irmá do portavoz do Grupo Popular. A Valedora presentou un recurso de casación diante do Supremo que vén de ser rexeitado, esgotando con iso a vía xudicial.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04