Categorías: ActualidadeNovasPortada

Noa Díaz reclámalle ao director da CRTVG que “deixe de actuar fóra do marco normativo” e corrixa “a deriva ideolóxica” dos medios públicos galegos

A deputada do PSdeG denuncia a súa “absoluta falta de pluralidade informativa, que xa é case un sinal de identidade” da CRTVG  

A deputada socialista Noa Díaz instou hoxe ao director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, a que deixe de “actuar permanentemente fóra do marco normativo”, a que “se deixe de triunfalismos” e a que “dea cumprimento ao mandato que ten encomendado”.

Durante a comparecencia de Sánchez Izquierdo no Parlamento para presentar a memoria do ano 2020, Noa Díaz lembroulle que ese “mandato” sinala como fundamental “garantir a cobertura das necesidades de información, cultura, educación e entretemento da sociedade galega e que contribúa a preservar o pluralismo nos medios de comunicación así como á normalización da lingua galega. Tamén “ao reforzamento da identidade de Galicia, á promoción da cultura galega e ao impulso da súa industria audiovisual”.

Lonxe disto, Noa Díaz recordou que 2020 denunciou que esa memoria evidencia que “nada muda” e que, polo tanto, “todo segue igual de mal” na CRTVG, o que supón “un deterioro cada vez maior dos nosos medios públicos”. Así, no canto de aproveitar un ano marcado pola Covid para “o cambio necesario” para acadar “uns medios públicos galegos, de calidade e plurais”, o que se fixo foi “tomar decisións que efectivamente supuxeron cambios, pero á inversa”. Nesta liña, Noa Díaz puxo de relevo “a deriva ideolóxica de quen incumpre o mandato marco da Corporación que dirixe ou na que traballa”.

“ABSOLUTA FALTA DE PLURALIDADE INFORMATIVA”

Para evidenciar esta situación, a deputada socialista debullou as máis graves eivas que afectan á CRTVG e que demostran “o momento tan crítico” que están a vivir os medios públicos de Galicia. Nesta liña, alertou da “absoluta falta de pluralidade informativa nos nosos medios públicos, que é xa case un lamentable sinal de identidade”.

Como mostra, indicou, “sobreinterprétanse as declaracións dun conselleiro, siléncianse os grupos da oposición en campaña electoral, manipúlanse testemuñas ata facernos crer que un xefe de informativos é unha persoa da rúa ou siléncianse actos que organizan deputacións gobernadas polos partidos da oposición ao Goberno mentres os actos do señor Baltar contan sempre cun equipo da TVG”.

Noa Díaz tamén lembrou que o 2020 “foi ano de reivindicacións laborais” na CRTVG, onde “a precariedade, a litixiosidade e a temporalidade laboral segue a ser unha constante”. “Esa precariedade”, advertiu a parlamentaria socialista, “seguirá sendo a que é mentres non vaia adiante o proceso selectivo” do que nada segue sen saberse. En calquera caso, Noa Díaz expresou as súas dúbidas de que esa precariedade vaia rematar logo deste proceso porque “iso xa dependerá de vostedes e da súa xestión”.

Ademais, lamentou a persecución a traballadores polos seus posicionamentos ideolóxicos ou reivindicativos, ao tempo que aproveitou para expresar “todo o noso apoio e ánimo na loita digna” de Defende a Galega, “que mañá cumprirán tristemente 176 venres negros”.

“TEIMA COA INFORMACIÓN DE PROXIMIDADE”

Nesta mesma liña, Noa Díaz puxo o foco sobre a supresión das delegacións nun contexto no que o director xeral da CRTVG “se reafirmaba na súa decisión de ir eliminando paulatinamente a información de proximidade en aras dun novo concepto mediático, ao estilo nórdico, que semella calquera cousa menos unha televisión e unha radio públicas”. “Esa decisión”, alertou Noa Díaz, “supón a supresión dos informativos locais e afecta directamente ao dereito da cidadanía a recibir a información de proximidade”, o que “nos fai pensar se a dirección da CRTVG ten algunha directriz do goberno galego neste senso”.

Noa Díaz expresou a súa incomprensión por “esta teima que teñen vostedes coa información de proximidade, que é a esencia da información nuns medios públicos autonómico”. Nesta liña louvou o exemplo que “está dando hoxe a Radio Televisión Canaria coa cobertura da erupción do volcán en La Palma” con “contido serio e rigoroso que o sitúa como referencia informativa internacional”. “Coñecemos ben a moitos e moitas profesionais da CRTVG”, afirmou Noa Díaz, “e sabemos que se dependese da súa profesionalidade farían un traballo semellante, pero para iso deberan ter a confianza da dirección da Corporación e, dende logo, recursos”.

A maiores, Noa Díaz indicou que “foi en 2020 cando asumíamos con resignación que non saben que facer coa segunda canle da TVG, pese a ter, por exemplo, un modelo como o da RTVE que funciona”. En paralelo, preguntou por que a estas alturas do ano 2021 “aínda non se sabe nada” do Estatuto Profesional que prevé o Consello de Informativos e que en 2020 “xa estaba case rematado”.

INCUMPRIMENTO COA CULTURA E A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

No ámbito da normalización lingüística, a deputada do PSdeG manifestou que “non podemos máis que botar as mans á cabeza cando asistimos a unha entrevista en castelán a un ex alcalde galego dunha cidade galega, unha circunstancia que “non é un feito illado”.

A maiores, a parlamentaria do PSdeG denunciou o “ninguneo” dos espazos dedicados a cultura nos medios públicos galegos, unha cuestión na que “a CRTVG non estivo á altura no ano da pandemia, que foi tamén o ano no que consumimos máis cultura”. Tamén se laiou do nulo compromiso coa igualdade, do nulo control dos contidos da produción externa, da escasa presenza do deporte de mulleres nos espazos deportivos ou da improvisación da programación de espazos.

Noa Díaz lembrou que nesa mesma loita por que se cumpra a lei están o presidente do Colexio de Xornalistas de Galicia, a Plataforma SOS Ficción, que denuncia o desmantelamento da produción de ficción en galego na canle pública, a xente do mundo da cultura, as asociacións en defensa da lingua galega, as asociacións feministas ou empresas e profesionais do sector audiovisual que se queixan, entre outras cuestións, da opacidade nos contratos.

“Son demasiadas voces que, coma nós, teñen un relato moi diferente do seu”, sentenciou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08