Categorías: Actualidade

Noa Díaz pide á Xunta unha solución urxente ante os “problemas de mala planificación e funcionamento” do transporte na Barbanza

Pide ao Executivo galego que “sente de novo cos concellos e adopte unha postura construtiva” para mellorar o modelo de transporte público coa restitución das liñas suprimidas e o incremento dos servizos que cubran as necesidades da veciñanza

A deputada socialista Noa Díaz vén de urxir á Xunta unha solución ante os “problemas de mala planificación e funcionamento” do transporte interurbano na Barbanza. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento, a través dunha pregunta oral á conselleira de Transporte, na que reivindicou que “sente de novo cos concellos e adopte unha postura construtiva” para mellorar o modelo de transporte público nesta comarca.

Dende que hai aproximadamente un ano que comezou a nova adxudicataria a prestar este servizo, “son numerosas as queixas das usuarias e usuarios de toda Galicia polos problemas que está a dar”, alertou a socialista. Unha situación, sinalou, que se produce de “maneira recorrente” nos concellos da comarca, unha área con preto de 70.000 habitantes e cunha “forte mobilidade”.

Con todo, Díaz, incidiu en que “a oferta actual non satisfai toda demanda porque está baseada nun concepto herdado do anterior contrato” no que “nin se innovou nin se pretendeu facer gala dunha maior sostibilidade, como así lle propuxeron os concellos do Barbanza”.

“A veciñanza da Barbanza esixe unha solución inmediata”, reivindicou a voceira socialista, que pediu que esta pase pola restitución das liñas suprimidas e por un incremento dos servizos que cubran as necesidades da cidadanía da contorna.

Neste marco, Díaz trasladou a proposta dos municipios da comarca que, aproveitando as potencialidades da autovía AG-11, propoñen conectar nunha única liña de transporte os catro polígonos industriais situados en Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo, “paradas das que a modo de lanzadeira sairían autobuses de menor porte que conectarían cos núcleos urbanos dos concellos, efectuando así moitas máis paradas”.

“Isto supón un novo modelo máis eficiente e dende logo moito máis sostible e ecolóxico” e, desta maneira, incidiu, “responderíase ás necesidades de frecuencia e horarios do transporte interurbano, que na súa maioría se emprega para ir ao centros de traballo, á vez que se solucionarían o resto das demandas da poboación”.

Por último, Díaz lamentou que, malia o “descontento xeral de toda a poboación”, coñecido xa pola Consellería de Transportes, e a pesares da proposta remitida polos concellos da comarca, dende a Xunta “fixeron caso omiso”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38